sábado, 10 de diciembre de 2011

10 de decembro: DÍAS DOS DEREITOS HUMANOS


63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"
* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

viernes, 9 de diciembre de 2011

ÁLVARO CUNQUEIRO


Neste ano 2011, que está a piques de rematar, celebramos o centenario do nacemento de ÁLVARO CUNQUEIRO MORA.
Para homenaxealo, no colexio, fixemos un mural no que están expostos os traballos, que sobre a súa figura e obra,  elaboramos nas diferentes clases.


Aquí tedes unha reportaxe fotográfica para que poidades ver o mural polo miudo:

miércoles, 7 de diciembre de 2011

BUBISHER

Dende o grupo de  BIBLIOTECAS ESCOLARES ao que pertencemos (PLAMBE), se nos animou a participar nunha actividade importante: aportar un álbum ilustrado para o BUBISHER. 
Que non sabedes o que é o BUBISHER??
Pois para que poidades coñecer este proxecto, que naceu en España, aquí vos deixamos uns enlaces:
Cómo naceu o proxecto BUBISHER
SOMOS



Ademais, este proxecto conta co  apoio de Escritores por el Sahara, entre os que se atopan GONZALO MOURE que, nun sinxelo artigo que leva por título "LA LLAVE DE LOS CUENTOS" nos explica como naceu e como se foi desenvolvendo este proxecto.

E aquí tedes a nosa colaboración:  

Título:"SENCILLAMENTE TÚ"
Autor: Heinz Janish
Ilustradora: Jutta Bauer

Esperamos que este libro, ademais da súa grata lectura lles achegue tamén o noso cariño.

A FÁBULA DO BON HOME E O SEU FILLO

Na HORA DE LER, o mércores, día 7 e o venres día 9, o alumnado de 4º de EP, na súa propia aula, onde teñen instalado un escenario, representaron para os de 1º,2º e 3º de EP a fábula "o bo home e o seu fillo". Aquí vos presentamos a súa reportaxe fotográfica. Un aplauso para estes artistas!!!


Mércores 7:




Venres 9:

viernes, 25 de noviembre de 2011

25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, conmemorase o Día Internacional contra a violencia de xénero, e no noso cole, o alumnado dos cursos dos maiores (2º e 3º ciclo), tiveron a oportunidade de ver e escoitar un conto:


"XELA VOLVEUSE VAMPIRA!!"


Autora: Fina Casalderrey
Ilustracións: Noemí López
Edicións: Baía


Tamén aproveitamos un cómic que, a partires do conto, elaboráramos fai uns cantos cursos e publicárase na nosa revista XENTE NOVA (páxinas 21 e 22). Se o queredes ver, accedede á revista Nº 20

martes, 15 de noviembre de 2011

lunes, 7 de noviembre de 2011

MAGOSTO 2011

O venres, día 4 de novembro, celebramos o magosto no colexio.
Tivemos con nós á compañía A XANELA DO MAXÍN, que cos seus títeres representaron a obra: "A CAIXA DE NUK"

Aquí vos deixamos unha presentación con fotos deste día:

viernes, 28 de octubre de 2011

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe remata a semana, e con ela a nosa primeira actividade de APADRIÑAMENTOS LECTORES. Para que botedes un vistazo aquí tedes as fotos:

PADRIÑOS: alumnado de 6º de EP
AFILLADOS: EI 3 anos (4º curso)



 

PADRIÑOS: alumnado de 4º de EP.
AFILLADOS: EI 4 anos (5º curso)



PADRIÑOS: alumnado de 3º de EP.
AFILLADOS: EI 5 anos (6º curso)



PADRIÑOS: alumnado de 5º de EP.
AFILLADOS: 1º e 2º de EP


viernes, 21 de octubre de 2011

A NOSA CELEBRACIÓN PARTICULAR...

Queredes saber como imos celebrar no noso cole o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES??
Pois ímolo celebrar durante toda a semana. Para iso planificamos unha actividade que se está levando a cabo en moitos coles e con resultados moi bos,e, como nisto das Bibliotecas o contaxio é rápido....nós organizamos por primeira vez:

"APADRIÑAMENTOS LECTORES"

O alumnado dos cursos superiores (de 3º a 6º de EP) serán os PADRIÑOS dos nenos e nenas de EI e 1º ciclo de EP.
Os profes, fixemos o reparto dos cursos:

Martes 25: Alumnado de 6º (16) contan os contos a EI 3 anos (24 alumnos/as)
Mércores 26: Alumnado de 4º (16) contan os contos a EI 4 anos (22 alumnos/as)
Xoves 27: Alumnado de 3º ( 19) contan os contos a EI 5 anos (23 alumnos/as)
Venres 28: Alumnado de 5º (15) contan os contos a 1º e 2º de EP (30 alumnos/as)

DESENROLO DA ACTIVIDADE:
Cada alumno/a dos cursos dos maiores encárgase de contarlles/lerlles un conto a un/dous ou tres alumnos dos pequenos. O reparto do alumnado é tarefa do titor/a dos maiores (tendo en conta o número de alumnos asigna a cada padriño o/os seus afillados).

jueves, 20 de octubre de 2011

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES




Biblioteca Escolar, última xeración
Este é o título que, con motivo da celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (24 de outubro), leva o cartaz editado pola Consellería de Educación. Nesta ocasión a autora é ENMA RÍOS, ilustradora do mundo do cómic.





viernes, 23 de septiembre de 2011

CONTAMOS MOITO!!

Rescatamos aquí, uns materiais que chegaran ao noso centro, aló polo ano 2006...


     ...materiais que a Consellería de Educación editara, dirixidos ás familias do alumnado de Educación Infantil, coa finalidade de poñer en valor o seu papel no proceso de formación das persoas lectoras, desde os inicios. Estes caderniños poden ser empregados nas primeiras reunións coas familias, para iniciar conversa e reflexión sobre a necesidade de crear na casa un ambiente favorecedor dos hábitos de lectura.



Pódense ver e descargar aquí , no blogue da campaña de fomento da lectura HORA DE LER

da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

miércoles, 1 de junio de 2011

A insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

A insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas

Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.

Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.

lunes, 23 de mayo de 2011

A PORTA DAS MENTIRAS

Hoxe, ás 11:15, todo o alumnado do centro, baixamos á aula de psicomotricidade para asistir a un espectáculo de Teatro Infantil sobre un texto de Paula Carballeira, protagonizado por Silvia Romaus e Chus Prieto da ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN.


lunes, 16 de mayo de 2011

CONCURSO SOBRE LOIS PEREIRO

Convocouse a nivel de centro un concurso sobre o poeta LOIS PEREIRO, ao que neste ano 2011 se lle adica o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Contamos coa colaboración  do CONCELLO, que é o que vai entregar os agasallos aos gañadores. O acto de entrega terá lugar o día 17 de maio, ás 18:00 horas nas Escolas Laicas.
Os traballos gañadores foron os seguintes:
             

NORABOA A TODOS!!

viernes, 6 de mayo de 2011

GAÑADORES 1º CONCURSO DE POESÍA

Como xa vos comentamos, este curso, celebramos o noso 1º Concurso de Poesía.
O venres, 29 de abril, coñecimos aos gañadores e lles fixemos entrega duns agasallos...
Aquí tedes un cartel conmemorativo coas fotos.
Noraboa a todos os premiados!!

jueves, 28 de abril de 2011

CARACOIS e CONTOS DO CAMIÑO

Fai unhas semanas chegou ao centro información sobre unhas series que ían botar na TVG, para os nenos. Hoxe, informáronnos sobre cando empeza a emisión e o seu horario. Aquí volo deixamos para que o saibades.


martes, 26 de abril de 2011

SEMANA DO LIBRO...

Carteis conmemorativos do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

                        

Rematadas as vacacións de Semana Santa, retomamos a actividade no noso cole... Como o día 23 de abril é o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR, aproveitamos esta semana que acaba de comezar para organizar unha serie de actividades que agora vos contamos:

- Exposición de libros novos.

 - O mércores, 27 de abril, disfrutamos, no noso centro, de:

                                       "GOFKEN E O LIBRO MÁXICO"
(Titereficciós)

( Espectáculo que fai un percorrido pola imaxinación dos nenos e nenas facendo unha chamada de atención para que ler e contar contos sexa un hábito mais nas súas vidas...)


- O venres día 29, fixemos entrega dos premios do concurso de poesía de LIBROUCHO. Dende aquí queremos felicitar a todos os participantes polo seu traballo. Próximamente daremos a coñecer aos agraciados e poderedes disfrutar das súas poesías.

miércoles, 13 de abril de 2011

LETRAS GALEGAS 2011

Este ano 2011, o Día das Letras Galegas está adicado a LOIS PEREIRO.
                                                           
                             Fotografía: Medalla conmemorativa, (basada nunha caricatura de Siro López).
                           Autor: Ferreiro Badia. Exporase de forma permanente no Parlamento de Galicia.

Aquí tedes algúns enlaces para que poidades saber mais sobre este autor:





Video atopado no blogue do IES nº1 de A ESTRADA.

Enlace a outra páxina, con moita información:



Coordinadora Galega de equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

sábado, 2 de abril de 2011

2 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL



Cartel conmemorativo do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.
2 DE ABRIL (Data do nacemento de HANS CHRISTIAN ANDERSEN)

             Cada ano, IBBY (International Board on Books for Young people) encarga un texto e unha ilustración para o cartel conmemorativo a autores dun país distinto. Nesta ocasión,  os autores son de Estonia: Aino Pervik e Jüri Mildeberg.
             O texto, que se titula O LIBRO LEMBRA, aparece neste tríptico nas catro linguas do Estado. Para escoller!!

jueves, 10 de marzo de 2011

NO ENTROIDO DESTE ANO... VIAXAMOS Á IDADE MEDIA!!!

Estivemos moi atarefados preparándonos e aprendendo moitas cousas sobre a Idade Media. Imos relacionando unhas cousas con outras: empezamos o curso traballando sobre todo o alumnado de Primaria, o CAMIÑO DE SANTIAGO..., logo, sobre todo en Infantil, traballouse sobre O LUGAR ONDE VIVIMOS,..., e agora, polo Entroido, nos trasladamos ata a IDADE MEDIA...
Aquí tedes o noso castelo...


E aquí podedes ver os videos das nosas actuacións:






 
Para ambientarnos e coñecer como vivía a xente na Época Medieval, axudounos moito un traballo dun colexio de Avilés: o CP Juan Ochoa, que leva por título "CABALLEROS Y CASTILLOS" e ao que podedes acceder, clicando na imaxe. Esperamos que vos guste!!

LIBROUCHO QUERE QUE SIGAMOS FACENDO POESÍAS...

Ata o 28 de febreiro estará aberto o prazo para presentar as vosas poesías ao concurso de LIBROUCHO. Todos os que queiran participar deberán entregar a súa poesía (individual ou colectiva) na Biblioteca. Alí, os axudantes autorizados, rexistrarán a entrada da correspondente poesía no concurso. Animádevos a participar!!

miércoles, 2 de febrero de 2011

OUTRO CONCURSO DE LIBROUCHO...

Hai uns días que LIBROUCHO anda deixando mensaxes...


Desta vez, propón que nos fagamos poetas...

Antes do día 11 de febreiro, cada clase terá que elaborar unha poesía, de tema e tamaño libre. asi que ... xa sabedes: A RIMAR!!!

jueves, 27 de enero de 2011

RECOMPILACIÓN RECURSOS PARA A PAZ

Dende o CEIP VÍCTOR SAENZ de Mazaricos, chéganos esta recompilación de recursos para a PAZ. Nela atoparedes de todo: guías, cancións, webquests,..., Animádevos a entrar, seguro que habedes atopar moitas cousas do voso interese!!

lunes, 17 de enero de 2011

ANO NOVO... LIBROS NOVOS!!!

Xa temos instalada na entrada do noso colexio unha exposición de libros novos.