sábado, 10 de diciembre de 2011

10 de decembro: DÍAS DOS DEREITOS HUMANOS


63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"
* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

viernes, 9 de diciembre de 2011

ÁLVARO CUNQUEIRO


Neste ano 2011, que está a piques de rematar, celebramos o centenario do nacemento de ÁLVARO CUNQUEIRO MORA.
Para homenaxealo, no colexio, fixemos un mural no que están expostos os traballos, que sobre a súa figura e obra,  elaboramos nas diferentes clases.


Aquí tedes unha reportaxe fotográfica para que poidades ver o mural polo miudo:

miércoles, 7 de diciembre de 2011

BUBISHER

Dende o grupo de  BIBLIOTECAS ESCOLARES ao que pertencemos (PLAMBE), se nos animou a participar nunha actividade importante: aportar un álbum ilustrado para o BUBISHER. 
Que non sabedes o que é o BUBISHER??
Pois para que poidades coñecer este proxecto, que naceu en España, aquí vos deixamos uns enlaces:
Cómo naceu o proxecto BUBISHER
SOMOS



Ademais, este proxecto conta co  apoio de Escritores por el Sahara, entre os que se atopan GONZALO MOURE que, nun sinxelo artigo que leva por título "LA LLAVE DE LOS CUENTOS" nos explica como naceu e como se foi desenvolvendo este proxecto.

E aquí tedes a nosa colaboración:  

Título:"SENCILLAMENTE TÚ"
Autor: Heinz Janish
Ilustradora: Jutta Bauer

Esperamos que este libro, ademais da súa grata lectura lles achegue tamén o noso cariño.

A FÁBULA DO BON HOME E O SEU FILLO

Na HORA DE LER, o mércores, día 7 e o venres día 9, o alumnado de 4º de EP, na súa propia aula, onde teñen instalado un escenario, representaron para os de 1º,2º e 3º de EP a fábula "o bo home e o seu fillo". Aquí vos presentamos a súa reportaxe fotográfica. Un aplauso para estes artistas!!!


Mércores 7:




Venres 9: