lunes, 24 de diciembre de 2012

XOAN O SUCIO

O día 19 de decembro, o alumnado de 5º curso de Educación Primaria ofreceu para os demais alumnos e alumnas do colexio unha obra de títeres: "XOAN O SUCIO". Como somos moitos no colexio, representaron a obra varias veces. A primeira foi para o alumnado de Educación Infantil. Ademais hai que dicir que os títeres foron elaborados polos propios alumnos!
A nosa noraboa para estes artistas.

domingo, 9 de diciembre de 2012

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS

A pasada semana, chegaron ás clases do 2º e o 3º ciclo de Primaria uns carteis de LIBROUCHO:

Pois, despois desta convocatoria, xa recibimos as primeiras RECOMENDACIÓNS. Se queredes coñecelas, so tedes que visitar AS LECTURAS DE LIBROUCHO

martes, 4 de diciembre de 2012

RADIO ESCOLAR

En cursos anteriores, os xoves, na Hora de Ler, tiñamos unha actividade que levaba por título "XOVES DE ESCOITA". A súa finalidade era a de traballar co alumnado a atención e a escoita de contos, música, programas de radio,..., e todo aquilo que aos titores lles parecese apropiado para os seus alumnos/as.
Neste curso, e organizado dende o 3º ciclo de Educación Primaria, bota a andar a nosa:
RADIO ESCOLAR 
Neste caso a escoita é de todo o alumnado do centro, e dicir, todos escoitan o mesmo pero, escoitan aos seus compañeiros!
O programa emítese os venres, na Hora de Ler. Ao longo de cada mes os diferentes ciclos preparan o seu programa. Este, contará con diferentes seccións:
- Xeral (baseada en tarefas da aula, investigacións,...)
- Humor
- Novas do colexio
- Anuncios e comunicados
- Onomástica (felicitacións e recordatorios para aqueles alumnos/as que cumplan anos nesa semana).
- Sabías que... (curiosidades).
- Adiviñas
- Música

Polo momento, o estudio de radio está situado ao fondo da clase de 6º de Educación Primaria (xa sabedes que no noso cole o espazo e moi xustiño...)

Como poderedes supoñer dende a Biblioteca Escolar apoiamos este proxecto e nos poñemos ao servicio dos nosos locutores radiofónicos para axudarlles en todo o posible.

Aquí vos deixamos unhas fotos do primeiro día, neste caso foron alumnos de 5º de Primaria os encargados de organizar e levar a cabo o programa:


miércoles, 28 de noviembre de 2012

25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este mes de novembro contamos con esta actividade que nos chegou dende o Concello. Foi a nosa aportación á conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

martes, 20 de noviembre de 2012

FOMOS AO TEATRO...

O día 13 de novembro todo o alumnado de Educación Primaria do centro acudiu a Narón para desfrutar de dúas representacións teatrais. 
Os de 1º, 2º e 3º  coa actuación de OS GHAZAFELHOS, que representaron a obra: 
"BON APPETIT"

                           

Os de 4º, 5º e 6º, coa actuación de EME2, que representaron:
"KAFKA E A BONECA VIAXEIRA"


Logo, o día 19, o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil presenciaron a representación:
"GRILLOS Y LUCIÉRNAGAS", da compañía LA MACHINA TEATRO

Aquí vos deixamos o tráiler que atopamos como presentación do espectáculo:

viernes, 9 de noviembre de 2012

A BRUXA DO MAGOSTO

 Hoxe, asistimos a unha representación na aula de psicomotricidade:

domingo, 14 de octubre de 2012

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Estamos en OUTUBRO... e como xa indicamos noutra entrada anterior, este é o mes da BIBLIOTECA, e nós para celebralo decidimos adicar a semana do 22 ao 26, aos:

APADRIÑAMENTOS LECTORES
(que tanto desfrutamos o curso pasado...).

Este é o programa:

Luns 22:
Alumnado de 4º EP conta contos ao  alumnado de 2º de EP

Martes 23:
Alumnado do 6º de  EP, conta contos ao alumnado de 6º de EI

Mércores 24: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Xoves 25:
Alumnado do 5º de EP, conta contos ao alumnado de 5º de EI

Venres 26:
Alumnado de 3º de EP conta contos ao alumnado de 1º de EP

(Iremos publicando as correspondentes reportaxes gráficas)

jueves, 11 de octubre de 2012

A ÁRBORE DA LINGUA

Neste curso que comezamos, queremos seguir co proxecto que sobre a reciclaxe iniciamos o curso pasado. Entre as actividades a levar a cabo, destacamos unha para este OUTONO que empeza:
Decorar a árbore que temos na entrada do colexio con follas feitas con papel de xornal. Cada alumno de Primaria elaborou a súa folla, e nela escribiu a súa PALABRA FAVORITA EN GALEGO.
Queredes ver como quedou?


O alumnado de Educación Infantil ocupouse de adornar a paisaxe: osos, esquíos, caracois,... e moitos cogomelos!!

Aquí vos deixamos unhas fotos para que poidades ver os detalles:

lunes, 1 de octubre de 2012

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Este é o cartel que neste curso 2012/13 editou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitariapara celebrar o mes da Biblioteca Escolar (outubro) e o Día da Biblioteca (24 de outubro), e que chegou ao noso centro fai uns días.
O seu lema é: Biblioteca Escolar, acelerador de innovación, e a súa ilustración é do creador galego ANDRÉS MEIXIDE.

domingo, 30 de septiembre de 2012

AXUDANTES DA BIBLIOTECA







Este curso, coma nos anteriores, contamos co alumnado de 6º curso de Educación Primaria para ocuparse da Biblioteca durante os recreos.


FUNCIÓNS:


-        Manter o material da BE en orde.
-        Colocar no seu lugar aqueles libros que sexan devoltos.
-        Axudar ós/ás usuarios a localizar algún material, a registrar o préstamo, a devolución,...
-        Axudar ó equipo da BE naquelas actividades que se organicen.
-        Calquera outra función que se considere oportuna.

viernes, 22 de junio de 2012

OS QUE MAIS LERON...

                    Hoxe, na "Hora de Ler", nas aulas do 1º e 2º ciclo de Educación Primaria, fixemos entrega duns diplomas aos alumnos/as que mais libros leron da Biblioteca Escolar durante este curso. Os galardonados foron...                         


      
PABLO LÓPEZ SÁNCHEZ (1º EP)
ÁNGEL SEIJO LEIRA (2º EP)
MATEO LÓPEZ ANCA (3º EP)
JAVIER POUSO CANDAL (4º EP)

NORABOA A TODOS
E A SEGUIR LENDO!!

viernes, 1 de junio de 2012

A COVA DO REI CINTOLO

Dende principios de curso, o noso colexio está un pouco transformado:
- Nas escaleiras temos a cova do Rei Cintolo...
- Esta semana, ao lado da cova, apareceu un castelo...



E con este decorado, o alumnado do 2º ciclo de Educación Primaria, representou para todo o colexio a lenda de...

"A COVA DO REI CINTOLO"







viernes, 25 de mayo de 2012

FOTOS DO FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Actuación alumnado Educación infantil:




Actuación alumnado 1º e 2º de EP + 5º:



Actuación 3º EP:


Actuación 3º + 6º:


Actuación 4º EP:



Airiños de Frade:


FIADO DE LÁ

Hoxe, tivemos connosco unhas mulleres (algunha xa estivera no colexio o curso pasado) que nos explicaron como se traballa coa lá.


Aquí vos deixamos a reportaxe gráfica:


martes, 22 de mayo de 2012

RESUELTAS

Hoxe, tivemos a sorte de ter connosco a Rocío e Sofía do grupo RESUELTAS, que interpretaron para todo o alumnado de Educación Primaria e tamén para o alumnado de 6º de Educación Infantil, o espectáculo "SOLISTAS".
Esta é a presentación que fan do seu espectácula na súa páxina web:
"Dos grandes artistas en un escenario donde no caben dos. Una bailarina y una clarinetista que, acostumbradas al éxito en solitario, se encuentran con el conflicto de compartir un mismo espacio. Su relación llevará al espectador por a un viaje por la disputa, la furia, la competitividad, la burla, la tristeza y la alegría...siempre a través del humor y del clown. 

Unha historia fresca y divertida que llegará a todo tipo de público, donde los dos personajes muestan sus emociones cambiantes a través del clown, la danza, las acrobacias y la música en directo."

A actuación tivo lugar no patio cuberto. Disfrutamos moito!!



martes, 24 de abril de 2012

A DEBUXAR!!

Como vos contabamos na entrada anterior, hoxe veu ao noso colexio
SUSO CUBEIRO

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria tiveron a sorte de participar nunha longa "clase" impartida por este xenial ilustrador. Deixounos a todos coa boca aberta cando nos ensinou algúns dos deus debuxos! Alguén preguntoulle que por que facía uns debuxos tan realistas...
Pouco a pouco, conseguiu que todos debuxáramos un montón de cousas: nenos, un gato, un avó, unha avoa, un moucho,..., e ata un dinosauro!!
Ademais, antes de marchar, fíxonos un debuxo con acuarelas, e nolo asinou! 




Aquí tedes unhas fotos para que vos fagades unha idea da sesión:


lunes, 23 de abril de 2012

SUSO CUBEIRO


MANIFESTO: PARA UN AMBIENTE DE LECTURA NA ESCOLA

Coincidindo co Día do Libro 2012, que se celebra hoxe, 23 de Abril, existe unha iniciativa impulsada porLuis Arizaleta (especialista en lectura e desenvolvemento de iniciativas culturais), que nos fai reflexionar aos que subscribimos, sobre o que el coñece desde hai máis de vinte anos: o ambiente de lectura na escola, e é ese o nome do manifesto que vos invito a ler.


Son 12 puntos moi breves pero que, de telos realmente presentes, suporía un verdadeiro replantexamento da experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas. Para eso nos diriximos a toda a amplia comunidade vinculada coa lectura: escritores, mediadores, contistas, narradores, pais e nais, editores, profesionais da educación...


Aínda que sempre oímos aquelo de “neso todos estamos de acordo” o certo é que no mundo vinculado ao libro e á lectura hai moita palabrería e adorno estéril, pero tamén temos que decir que hai moita xente traballando, no noso país e máis alá del, para que as cousas non sexan así. Sabemos que hai unha corrente forte e consolidada de xente que traballa para que os pequenos, medianos e maiores vivan a lectura con pracer e sabemos que, ademáis, o consiguen. E non deixa de ser significativo que xunto a todas esas persoas, que irán en aumento, ou non, non tiveran dúbida en estampar a súa su firma xente como Francesco Tonucci, ou escritoras comoRosa Aneiros ou Fina Casalderrey, de entre un grupo de 108 profesionais relacionados coa lectura.


O dito, propóñovos a súa lectura:
Texto vía  IES Pedra da Aguia



miércoles, 18 de abril de 2012

VALENTÍN PAZ ANDRADE

Neste ano, 2012, adícaselle o DÍA DAS LETRAS GALEGAS a:




Aquí vos deixamos unha serie de materiais elaborados sobre el:

* LIM elaborado no CEIP Conde de Fenosa de O Barco, Ourense


* Informativo realizado nos estudios do CPI dos Dices en Rois, que repasa a vida e obra de Valentín:



* Poema: "Cando tí volvas..." ilustrado polo CEIP San Xoan de Filgueira, Ferrol



No noso centro, e como actividade deste 3º trimestre, temos previsto realizar un proxecto sobre "A PESCA NA NOSA COMARCA. OS NOSOS MARIÑEIROS", para profundizar un pouquiño sobre este tema co que Valentín Paz Andrade estaba tan relacionado...

martes, 17 de abril de 2012

EXPOSICIÓN LIBROS NOVOS...

Neste mes de abril, enchemos a entrada do colexio con moitos libros novos!!
Que os disfrutedes!!


viernes, 23 de marzo de 2012

VISITA AO MUSEO NAVAL (EXPONAV) E ACUACIENCIA:FERROL

O alumnado do 2º ciclo de Educación Primaria, visitou a exposición  do Museo Naval de Ferrol (EXPONAV) e tamén as instalacións de Acuaciencia no Parque Raíña Sofía. Aquí vos deixamos a reportaxe gráfica da visita:


EXPONAV:


ACUACIENCIA:

martes, 20 de marzo de 2012

APADRIÑAMENTOS LECTORES II

     Ao longo desta semana, na Hora de Ler, imos levar a cabo, de novo, a actividade de APADRIÑAMENTOS LECTORES. 
20/03/2012:
O alumnado de 6º de Educación Primaria ocupouse de apadriñar aos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil:


21/03/2012:
O alumnado de 4º de Educación Primaria, padriños e madriñas dos de 1º e 2º de EP.



23/03/2012:
O alumnado de 5º de Educación Primaria, padriños e madriñas dos de EI 3 anos:


E, para rematar, ese mesmo día o alumnado de 3º de Educación Primaria, apadriñou ao alumnado de Educación Infantil 4 anos:

lunes, 12 de marzo de 2012

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Organizadas polo Concello, tivemos estes días unha serie de actividades para conmemorar este día. 
En Educación Infantil: sesión de contacontos " O PAÍS DOS MANDÓNS"; xogo con siluetas e diferentes obxetos para asociar con quen os emprega; coreado dun gran mural para o que se fixo unha votación para escoller unha cor.
En Educación Primaria (1º e 2º ciclo): Sesións de contacontos para reflexionar sobre os estereotipos e costumes sociais en canto a roles e funcións de "nenos e nenas".
En Educación Primaria (3º ciclo): En Cabanas toca ... a corresponsabilidade", cun concurso de receitas. Aquí podedes ver os postres que participaron no concurso ...

... e aquí tedes aos gañadores!
NORABOA!

viernes, 24 de febrero de 2012

ROSALÍA...

Hoxe, 24 de febreiro, recordamos que alá polo ano 1837, en Santiago de Compostela, nacía ROSALÍA DE CASTRO, a nosa gran poetisa e novelista...


Moitos dos seus poemas foron musicados e cantados. Aquí vos deixamos un deles:


"NEGRA SOMBRA"


No colexio, para recordala, á entrada, no recreo, e na saída soan polos corredores os seus poemas...

jueves, 23 de febrero de 2012

VÍDEOS FESTIVAL ENTROIDO

Aquí tedes os vídeos do Festival de Entroido 2012:











martes, 31 de enero de 2012

A MULLER ÁRBORE


Este é o mural co que homenaxeamos, neste DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA á WANGARI MAATHAI, premio NOBEL da PAZ en 2004.

sábado, 28 de enero de 2012

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O próximo luns, 30 de xaneiro celebrase o día da PAZ. Conmemórase nesta data por ser a da morte de MAHATMA GANDHI.



No noso colexio, este curso, imos adicarllo a WANGARI MAATHAI, a "muller árbore", pola súa maravillosa actividade a favor da reforestación do seu pais: KENIA.


E aquí vos deixamos de novo o conto que narra a súa historia: