lunes, 24 de diciembre de 2012

XOAN O SUCIO

O día 19 de decembro, o alumnado de 5º curso de Educación Primaria ofreceu para os demais alumnos e alumnas do colexio unha obra de títeres: "XOAN O SUCIO". Como somos moitos no colexio, representaron a obra varias veces. A primeira foi para o alumnado de Educación Infantil. Ademais hai que dicir que os títeres foron elaborados polos propios alumnos!
A nosa noraboa para estes artistas.

domingo, 9 de diciembre de 2012

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS

A pasada semana, chegaron ás clases do 2º e o 3º ciclo de Primaria uns carteis de LIBROUCHO:

Pois, despois desta convocatoria, xa recibimos as primeiras RECOMENDACIÓNS. Se queredes coñecelas, so tedes que visitar AS LECTURAS DE LIBROUCHO

martes, 4 de diciembre de 2012

RADIO ESCOLAR

En cursos anteriores, os xoves, na Hora de Ler, tiñamos unha actividade que levaba por título "XOVES DE ESCOITA". A súa finalidade era a de traballar co alumnado a atención e a escoita de contos, música, programas de radio,..., e todo aquilo que aos titores lles parecese apropiado para os seus alumnos/as.
Neste curso, e organizado dende o 3º ciclo de Educación Primaria, bota a andar a nosa:
RADIO ESCOLAR 
Neste caso a escoita é de todo o alumnado do centro, e dicir, todos escoitan o mesmo pero, escoitan aos seus compañeiros!
O programa emítese os venres, na Hora de Ler. Ao longo de cada mes os diferentes ciclos preparan o seu programa. Este, contará con diferentes seccións:
- Xeral (baseada en tarefas da aula, investigacións,...)
- Humor
- Novas do colexio
- Anuncios e comunicados
- Onomástica (felicitacións e recordatorios para aqueles alumnos/as que cumplan anos nesa semana).
- Sabías que... (curiosidades).
- Adiviñas
- Música

Polo momento, o estudio de radio está situado ao fondo da clase de 6º de Educación Primaria (xa sabedes que no noso cole o espazo e moi xustiño...)

Como poderedes supoñer dende a Biblioteca Escolar apoiamos este proxecto e nos poñemos ao servicio dos nosos locutores radiofónicos para axudarlles en todo o posible.

Aquí vos deixamos unhas fotos do primeiro día, neste caso foron alumnos de 5º de Primaria os encargados de organizar e levar a cabo o programa: