domingo, 29 de diciembre de 2013

VÍDEOS FESTIVAL NADAL 2013

Educación Infantil: XA CHEGOU O NADAL



1º CICLO: OS PIRATAS



3º CURSO DE PRIMARIA: XIMNASIA POLA MAÑÁ...


4º CURSO DE PRIMARIA: OS MESES DO ANO



5º CURSO DE PRIMARIA: UP & DOWN


5º CURSO DE PRIMARIA: ANUNCIOS


6º CURSO:

viernes, 6 de diciembre de 2013

NELSON MANDELA

             O mércores, 5 de decembro, chegábanos a nova do pasamento de NELSON MANDELA. Dende a Biblioteca Xoan Farias, do CEIP de Pazos, chéganos, da man de Rosana Rodiles, esta imaxe que aproveitamos para homenaxear a este gran home.



Para que teñades a man mais información sobre el, aquí vos deixamos este enlace, e este vídeo con dez das súas frases mais famosas:



jueves, 21 de noviembre de 2013

TEATRO EN NARÓN

Este curso, como en anos anteriores, tivemos a sorte de poder asistir ao Auditorio de Narón a ver diferentes obras de teatro.
O día 7 de novembro, o alumnado de 2º, 3º e 4º de E Primaria, asistiu á representación da obra:
"O REI E O XARDIÑEIRO"
O día 14,  o alumnado de Educación Infantil, e 1º de EP foron ver 
"O PRÍNCIPE E O PARRULO" de Eme2 (mais infromación aquí)

O día  25 , o alumnado de 5º e 6º poderán presenciar a representación de "LA VUELTA AL MUNDO" de GORAKADA (mais información aquí)

miércoles, 13 de noviembre de 2013

MAGOSTO 2013

Aquí vos deixamos as fotos do que sucedeu pola escola estos últimos días:
Organizamos unha exposición de cabazas, e logo, animamos ao alumnado de Primaria para que votase pola cabaza que mais lle gustaba...

Aquí tedes cales foron as tres mais votadas:




Cada un deles, recibiu un regalo. Noraboa aos tres!!

O venres, 8 de novembro, celebramos o MAGOSTO. 
Tivemos a actuación dun mago (ofrecido polo Concello de Cabanas). O mago, que ten só 15 anos chámase DANI POLO. Coa súa actuación deixounos a todos coa boca aberta!!


A continuación, o alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria recitou un montón de refráns e ditos do outono.

E para rematar a xornada, comimos castañas, acompañados das nosas familias:

martes, 5 de noviembre de 2013

POEMAS DE OUTONO

Traballos dos alumnos/as:

domingo, 3 de noviembre de 2013

A NOSA ÁRBORE MÁXICA DO OUTONO

Neste tempo do outono, como ven sendo habitual, a árbore que temos na entrada do colexio "vístese" dunha forma especial...
Nesta ocasión, convertíuse nunha árbore máxica que nos ofrece froitos típicos desta época do ano e follas das árbores que dan eses froitos. Aquí tedes unha imaxe de como está quedando.
A ver se sabedes que froitos ten...



miércoles, 30 de octubre de 2013

SPEAK UP


Hoxe mesmo,acabamos de mandar ás casas das familias un sinxelo folleto coa seguinte información:


Animádevos a solicitalas!!


miércoles, 23 de octubre de 2013

24 de outubro: DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Para conmemorar o 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, organizamos na entrada do colexio, unha exposición de libros novos:


martes, 25 de junio de 2013

E PARA REMATAR O CURSO...

... ademais de despedir ao alumnado de 6º de Educación Primaria, o último día de clase (venres 21 de xuño) fixemos entrega dos diplomas e agasallos para os gañadores do concurso que organizamos sobre ROSALÍA DE CASTRO. 
Aquí tedes a imaxe na que aparecen os galardonados:


Para que vexades de cerca como eran os diplomas, aquí tedes o de MARÍA (o que lle entregamos a ela tiña os apelidos ao revés!!)

( a imaxe que empregamos, de Rosalía, foi elaborada por Rosana Rodiles, do CEIP de Pazos)

jueves, 20 de junio de 2013

OS QUE MAIS LERON NESTE CURSO...

    Hoxe, entregamos os diplomas, e uns sinxeliños agasallos, aos nenos e nenas de Educación Primaria que mais libros da nosa Bibloteca leron, durante este curso que xa remata.
        Estes foron os galardonados:

1º EP: BRUNO 
2º EP: SANTI e BRAIS FRAGA
3º EP: LAURA e HUGO
4º EP: CLARA  e CHRISTINA
5º EP: GUILLE eLORENA
6ºEP: HUGO

NORABOA A TODOS/AS!!


viernes, 24 de mayo de 2013

CONCERTO: A SORPRESA DE HAYDN

Hoxe, tivemos a sorte de poder escoitar o concerto que o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria interpretou para todos/as nós, "baixo a batuta" de Javier, o profe de música.



Tamén, aproveitamos para darlle un pequeno agasallo a KATALINA, a auxiliar de conversa que estivo con nós durante este curso, xa que a próxima semana remata a súa estancia con nós.


E... ademais, quixemos felicitar a cinco alumnos de 6º de Educación Primaria: Marcos, Martín, Pablo Vázquez, María e Hugo, que se proclamaron vencedores do concurso ECOPREGUNTOIRO, dentro do programa radiofónico ECOVOZ en RADIO VOZ GALICIA. 

NORABOA AOS GAÑADORES!!

jueves, 16 de mayo de 2013

"CANTOS CONTOS CONTAS!"


Hoxe desfrutamos no colexio dunha actuación moi especial. A compañía de Títeres TITEREFICCIÓS, representou para nós a obra 


"CANTOS CONTOS CONTAS!".

Sofía e Roberto fixéronnos pasar unha mañá moi divertida. Dende aquí queremos agradecer a súa presencia para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

martes, 14 de mayo de 2013

VIIª SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Entre as actividades coas que imos celebrar esta VIIª semana cultural temos:
- Unha obra de teatro que leva por título "O MONSTRO DE RÍO CASTRO" creada e interpretada polo alumnado de 5º de Educación Primaria.
Aquí tedes unhas fotos dunha das súas representacións:


- Un obradoiro de XOGOS TRADICIONAIS.
- Unha representación a cargo do grupo TITEREFICCIÓS que leva por título: "CANTOS CONTOS CONTAS" (representación prevista para o día 16 de maio).
- Un concerto instrumental, polo alumnado do colexio, que se titula: " A SORPRESA DE HAYDN".
Xa vos iremos mostrando fotos de cada actividade.

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2013. TRABALLOS

Xa temos expostos, polas paredes do colexio, os traballos que fixeron os alumnos e alumnas do colexio para participar no concurso deste ano.
Educación Infantil:
4º EI:  ilustraron un breve texto da obra que leva por título "TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL"*
5º EI:  ilustraron un fragmento da obra "LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES"*
6º EI: cada alumno/a elaborou un retrato de Roberto Vidal Bolaño.


Educación Primaria:
1º EP: Escribiron e ilustraron o poema "O SOL E A LÚA"*
2º EP: Escribiron o poema "TOUPORROUTOU"* acompañado de pictogramas
3º EP: Realizaron ilustracións a partires de títulos de obras de Roberto Vidal Bolaño.
4º EP: Elaboraron variacións a partires do texto "ANIMALIÑOS"*
5º EP: Elaboraron caricaturas de todos os homenaxeados do Día das Letras Galegas.
6ºEP: Elaboraron proxectos bibliográficos sobre Roberto Vidal Bolaño.
(* Todas as obras mencionadas son de Roberto Vidal Bolaño)

jueves, 2 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Como xa saberedes, este ano, o Día das Letras Galegas, está adicado a 

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Para que poidades acceder a diferentes páxinas con información sobre el, aquí tedes:

Aquí tedes mais recursos:
1. LIM elaborado no CEIP Vales Villamarín de Betanzos
2. LIM elaborado no CEIP Plurilingüe A Pedra de Bueu

martes, 30 de abril de 2013

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2013


    O Departamento de Dinamización Lingüística e a Biblioteca  Escolar do CEIP Eladia Mariño, xunto ca Concellaría de Cultura do Concello de Cabanas, convocan un concurso para homenaxear a figura do autor Roberto Vidal Bolaño.

BASES:
1- Poderá participar o alumnado de E. Infantil e Primaria do Ceip Eladia Mariño.
2- Establécense distintas categorías en función das idade dos participantes: E. Infantil, 1º Ciclo, 2º Ciclo e 3º Ciclo.
3- A temática a seguir terá que estar relacionada cas Letras Galegas e/ou o autor Roberto Vidal Bolaño.
4- Cada titor elixirá o formato a presentar: ilustracións, poemas, pictogramas, proxectos biográficos ...
5- A elaboración dos traballos farase de forma individual ou en grupos (máximo tres participantes).
6- Elexirase un premio por cada clase.
7 – A data límite de entrega de traballos será o 10 de maio.
8- Todos os traballos expoñeranse nos taboleiros do colexio.

jueves, 25 de abril de 2013

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Durante esta semana, e para celebrar o DÍA DO LIBRO, organizamos de novo: 
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Levaronse a cabo na HORA DE LER.
Aquí tedes as fotos:
LUNS, 22 de abril: 
PADRIÑOS: 6º de EP. 
AFILLADOS: 1º e 2º de EP.


MARTES, 23 de abril:
PADRIÑOS: 4º EP
AFILLADOS: 5º de EI



MÉRCORES, 24 de abril:
PADRIÑOS: 3º EP
AFILLADOS: 6º EI


XOVES, 25 de abril:
PADRIÑOS: 5º EP
AFILLADOS: 4º EI

lunes, 22 de abril de 2013

EXPOSICIÓN LIBROS NOVOS

Durante toda esta semana, para acompañar aos APADRIÑAMENTOS LECTORES, temos, na entrada do colexio, coma en outras ocasións, unha exposición de libros novos. Esperamos que vos gusten!











lunes, 15 de abril de 2013

23 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Faltan poucos días...
No noso colexio, imos celebralo coa organización dunha actividade que xa levamos a cabo noutras ocasións e que resulta enriquecedora para todos/as:
"APADRIÑAMENTOS LECTORES"
Nesta ocasión, aproveitaremos a HORA de LER dos días 22, 23, 24 e 25 de abril e se o tempo o permite, levaremos a cabo a actividade no exterior (patio de Ed. Infantil, patio diante da aula de psicomotricidade,…).

DESENROLO DA ACTIVIDADE:
Cada alumno/a dos cursos dos maiores encárgase de contarlles/lerlles un conto a un/dous ou tres alumnos dos pequenos. O reparto do alumnado é tarefa do titor/a dos maiores (tendo en conta o número de alumnos asigna a cada padriño o/os seus afillados).

Luns, 22 de abril:
Alumnado de 6º EP (15) contan os contos a 1º e 2º EP (41)
Martes, 23 de abril:
Alumnado de 4º EP (19) contan os contos 5º EI (24 alumnos/as)
Mércores, 24 de abril:
Alumnado de 3º EP (9) contan os contos a  6º EI (23 alumnos/as)
 Xoves, 25 de abril:
Alumnado de 5º EP (17) contan os contos a 4ºEI (25 alumnos/as).

martes, 9 de abril de 2013

21 DE MARZO; DÍA DA POESÍA (2)

E hoxe... as poesías recitadas foron:
"MAIO LONGO" e "AQUEL ROMOR" (3º EP)



"TURRA, TURRA" (1º ciclo de EP)


"ALBORADA" (4º EP)

jueves, 21 de marzo de 2013

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA (1)

Como xa indicamos nunha entrada anterior, para celebrar o DÍA DA POESÍA organizamos un recital con poemas de ROSALÍA DE CASTRO. 

Onte, día 20 de marzo, primeiro recitaron os poemas os alumnos/as de Educación Infantil:


"PARECE UNHA ROSA"




Despois tocoulles aos alumnos/as do 3º ciclo de Educación Primaria:
"ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES"



"PRA HABANA"



lunes, 11 de marzo de 2013

XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Os días 7 e 8 de marzo, celebráronse en Santiago os ENCONTROS DO PLAN DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2012/2013. Reunímonos alí os responsables dos 504 centros que forman parte deste Programa.
No noso caso, só acudimos aos Encontros o día 8, xa que pertencemos ao PLAMBE dende o curso 2008/09.


Resumido, este foi o programa que tivemos :

Pola maña, primeiro, escoitamos a JOSEP MANUEL PÉREZ TORNEIRO Catedrático de Xornalismo e Ciencias da Comunicación da Universidade Autónoma de Barcelona.
Logo, tivemos a ocasión de asistir a unhas "mesas de experiencias" nas que diferentes docentes explicaron algunhas das actividades que levan a cabo nos seus centros. Así puidemos escoitar a Susana Seoane de CEIP Os Muiños de Muxía, e a Margarita Olivar do IES de Ames, que nos mostraron como traballan nos seus centros, sen libros de texto, elaborando proxectos.


Xa, pola tarde, tivemos  reunións por zonas: reunímonos todos/as as responsables de Bibliotecas Escolares de Ferrolterra (dende Pontedeume, ata Ortigueira). 

E, como remate aos encontros puidemos desfrutar dunha conferencia que, co título: " A construcción do lector" nos ofreceu  AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ.


(fotos: Emilio Roca, IES Pedra da Aguia)

jueves, 7 de marzo de 2013

LIBROS NOVOS

Como noutras ocasións, temos, na entrada do colexio, unha exposición de libros novos. Esperamos que sexan do voso interese.


miércoles, 6 de marzo de 2013

PONTE NO MEU LUGAR

O venres, 8 de marzo, persoal da Asociación de Nais e Pais de Nenos e Nenas con Problemas Psicosociais (ASPANEPS) acudiran ao noso colexio para desenvolver  un proxecto de sensibilización sobre as discapacidades co alumnado de 6º curso de Educación Primaria, que leva por título:
 "PONTE NO MEU LUGAR"
Xa estiveron con nós, hai uns días, e nos colocaron polos corredores do colexio unha serie de paneis informativos.

Deixámosvos o enlace á súa páxina web 

lunes, 4 de marzo de 2013

8 de marzo: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Dende o CEIP Milladoiro de Malpica, enlazamos este "SITE" no que podemos atopar unha morea de recursos relacionados con este día.


Ademais, aquí, vos deixamos o enlace á páxina ONU MUJERES, na que o próximo venres, 8 de marzo, estrearase unha canción na que, como explican na súa presentación:
Célebres cantantes y músicos procedentes de todo el mundo, desde China a Costa Rica, desde Malí a Malasia, mujeres y hombres, se han reunido para divulgar un mensaje de unidad y solidaridad: somos “One Woman”, una sola mujer.


sábado, 2 de marzo de 2013

CONTACONTOS DE KALANDRAKA

O xoves, 28 de febreiro, tivemos a visita de ALEX e PATRICIA, contacontos de Kalandraka. Puideron desfrutar cos seus contos e a súa música todos os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil. Como ven sendo habitual pasárono xenial!
 Traían o abrigo de LORETO e con el moitos contos: A GALIÑA ROXA; CRÍCTOR,...
Aquí tedes algunhas fotos:





FOTOS EXCURSIÓN: CASA DAS CIENCIAS+MUNCYT

O mércores, 27 de febreiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria foi de visita á Casa das Ciencias e ao MUNCYT. Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica.


martes, 26 de febrero de 2013

ROSALÍA DE CASTRO

Dende a Biblioteca, e en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística, queremos conmemorar o Día de ROSALÍA DE CASTRO (24 de febreiro) e o 150º aniversario da publicación de CANTARES GALEGOS.
Para isto, organizamos unha actividade que resumimos no seguinte cartel:


viernes, 22 de febrero de 2013

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA


Desde a Biblio "Xoán Farias" do CEIP de Pazos, chéganos esta fermosa imaxe para ilustrar o Dia de Rosalía: 24 de febreiro, recollido, oficialmente, no calendario do libro e a lectura da Consellería de Cultura e Educación.

Aquí vos deixamos unha serie de ligazóns para que poidades acceder a mais información sobre Rosalía de Castro, a súa vida e obra:

miércoles, 20 de febrero de 2013

lunes, 18 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ 2013

Aquí tedes os vídeos da celebración do DÍA DA PAZ no pavillón:











domingo, 17 de febrero de 2013

APRENDER A BUSCAR NA REDE

Dúas compañeiras do mundo das Bibliotecas (PLAMBE): Charo Sánchez Gabriel (IES Sánchez Cantón, Pontevedra) e  Mª Olga Rodríguez Díaz (CEIP Milladoiro, Malpica) elaboraron este documento para orientar, a todo o que o necesite, na busca de contidos en internet.

Agradecemos desde aquí a elaboración e difusión deste traballo, xa que nos parece moi útil.



martes, 12 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

Aquí tedes fotos da festa do Entroido deste ano:



martes, 5 de febrero de 2013

EXPOSICIÓN DE LIBROS: QUE MEDO!!

Chega o Entroido, e este curso o tema dos disfraces é O MEDO. 
Por iso na entrada do colexio temos unha exposición de libros que leva por título: 

QUE MEDO!!
Para facer a exposición buscamos libros na Biblioteca Escolar, nas bibliotecas de aula,..., e tamén das casas do alumnado. Grazas a todos/as pola vosa colaboración.

Aquí tedes unhas fotos:

martes, 29 de enero de 2013

DÍA DA PAZ 2013

Mañá, 30 de xaneiro de 2013, conmemórase o
No noso centro, para conmemoralo:
- Decoramos unha árbore que fixeramos polo Nadal, con un montón de pombas:



- En cada clase, o alumnado elaborou un manifesto sinxelo comprometéndose a cumplilo cos compañeiros. 
Para que fose un compromiso mais formal elaborouse unha árbore:
A ÁRBORE DOS COMPROMISOS 
O tronco o forman os compromisos e as pólas e as follas están feitas cos nomes e as pegadas dos nenos, nenas e profes. Invitamos tamén ás familias a deixar a súa pegada na árbore. A ver se se animan!
Aquí tedes unha imaxe da árbore case rematada!


- O venres, 1 de febreiro, realizaremos unha carreira solidaria no pavillón. Basándonos en carreiras solidarias que fixemos noutras ocasións, este curso decidimos facela e xuntar fondos para algunha organización que se adique á investigación de enfermidades infantís. No cole elaboramos os dorsais para cada un, e invitamos as familias a presenciar os nosos percorridos.

domingo, 27 de enero de 2013

sábado, 26 de enero de 2013

UNHA ESCRITORA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL NA ACADEMIA



RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!