martes, 30 de abril de 2013

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2013


    O Departamento de Dinamización Lingüística e a Biblioteca  Escolar do CEIP Eladia Mariño, xunto ca Concellaría de Cultura do Concello de Cabanas, convocan un concurso para homenaxear a figura do autor Roberto Vidal Bolaño.

BASES:
1- Poderá participar o alumnado de E. Infantil e Primaria do Ceip Eladia Mariño.
2- Establécense distintas categorías en función das idade dos participantes: E. Infantil, 1º Ciclo, 2º Ciclo e 3º Ciclo.
3- A temática a seguir terá que estar relacionada cas Letras Galegas e/ou o autor Roberto Vidal Bolaño.
4- Cada titor elixirá o formato a presentar: ilustracións, poemas, pictogramas, proxectos biográficos ...
5- A elaboración dos traballos farase de forma individual ou en grupos (máximo tres participantes).
6- Elexirase un premio por cada clase.
7 – A data límite de entrega de traballos será o 10 de maio.
8- Todos os traballos expoñeranse nos taboleiros do colexio.

jueves, 25 de abril de 2013

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Durante esta semana, e para celebrar o DÍA DO LIBRO, organizamos de novo: 
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Levaronse a cabo na HORA DE LER.
Aquí tedes as fotos:
LUNS, 22 de abril: 
PADRIÑOS: 6º de EP. 
AFILLADOS: 1º e 2º de EP.


MARTES, 23 de abril:
PADRIÑOS: 4º EP
AFILLADOS: 5º de EI



MÉRCORES, 24 de abril:
PADRIÑOS: 3º EP
AFILLADOS: 6º EI


XOVES, 25 de abril:
PADRIÑOS: 5º EP
AFILLADOS: 4º EI

lunes, 22 de abril de 2013

EXPOSICIÓN LIBROS NOVOS

Durante toda esta semana, para acompañar aos APADRIÑAMENTOS LECTORES, temos, na entrada do colexio, coma en outras ocasións, unha exposición de libros novos. Esperamos que vos gusten!











lunes, 15 de abril de 2013

23 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Faltan poucos días...
No noso colexio, imos celebralo coa organización dunha actividade que xa levamos a cabo noutras ocasións e que resulta enriquecedora para todos/as:
"APADRIÑAMENTOS LECTORES"
Nesta ocasión, aproveitaremos a HORA de LER dos días 22, 23, 24 e 25 de abril e se o tempo o permite, levaremos a cabo a actividade no exterior (patio de Ed. Infantil, patio diante da aula de psicomotricidade,…).

DESENROLO DA ACTIVIDADE:
Cada alumno/a dos cursos dos maiores encárgase de contarlles/lerlles un conto a un/dous ou tres alumnos dos pequenos. O reparto do alumnado é tarefa do titor/a dos maiores (tendo en conta o número de alumnos asigna a cada padriño o/os seus afillados).

Luns, 22 de abril:
Alumnado de 6º EP (15) contan os contos a 1º e 2º EP (41)
Martes, 23 de abril:
Alumnado de 4º EP (19) contan os contos 5º EI (24 alumnos/as)
Mércores, 24 de abril:
Alumnado de 3º EP (9) contan os contos a  6º EI (23 alumnos/as)
 Xoves, 25 de abril:
Alumnado de 5º EP (17) contan os contos a 4ºEI (25 alumnos/as).

martes, 9 de abril de 2013

21 DE MARZO; DÍA DA POESÍA (2)

E hoxe... as poesías recitadas foron:
"MAIO LONGO" e "AQUEL ROMOR" (3º EP)



"TURRA, TURRA" (1º ciclo de EP)


"ALBORADA" (4º EP)