jueves, 21 de noviembre de 2013

TEATRO EN NARÓN

Este curso, como en anos anteriores, tivemos a sorte de poder asistir ao Auditorio de Narón a ver diferentes obras de teatro.
O día 7 de novembro, o alumnado de 2º, 3º e 4º de E Primaria, asistiu á representación da obra:
"O REI E O XARDIÑEIRO"
O día 14,  o alumnado de Educación Infantil, e 1º de EP foron ver 
"O PRÍNCIPE E O PARRULO" de Eme2 (mais infromación aquí)

O día  25 , o alumnado de 5º e 6º poderán presenciar a representación de "LA VUELTA AL MUNDO" de GORAKADA (mais información aquí)

miércoles, 13 de noviembre de 2013

MAGOSTO 2013

Aquí vos deixamos as fotos do que sucedeu pola escola estos últimos días:
Organizamos unha exposición de cabazas, e logo, animamos ao alumnado de Primaria para que votase pola cabaza que mais lle gustaba...

Aquí tedes cales foron as tres mais votadas:




Cada un deles, recibiu un regalo. Noraboa aos tres!!

O venres, 8 de novembro, celebramos o MAGOSTO. 
Tivemos a actuación dun mago (ofrecido polo Concello de Cabanas). O mago, que ten só 15 anos chámase DANI POLO. Coa súa actuación deixounos a todos coa boca aberta!!


A continuación, o alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria recitou un montón de refráns e ditos do outono.

E para rematar a xornada, comimos castañas, acompañados das nosas familias:

martes, 5 de noviembre de 2013

POEMAS DE OUTONO

Traballos dos alumnos/as:

domingo, 3 de noviembre de 2013

A NOSA ÁRBORE MÁXICA DO OUTONO

Neste tempo do outono, como ven sendo habitual, a árbore que temos na entrada do colexio "vístese" dunha forma especial...
Nesta ocasión, convertíuse nunha árbore máxica que nos ofrece froitos típicos desta época do ano e follas das árbores que dan eses froitos. Aquí tedes unha imaxe de como está quedando.
A ver se sabedes que froitos ten...