viernes, 5 de diciembre de 2014

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Ao longo desta semana, fomos desenvolvendo esta actividade que tanto nos gusta e tan ben resulta!
MARTES, 2 de decembro de 2014:
O alumnado de 5º de Educación Primaria foron os padriños dos mais pequeniños do cole, os alumnos e alumnas de 4º de Infantil (3 anos)




MÉRCORES, 3 de decembro de 2014:
O alumnado de 6º de Educación Primaria foron os padriños dos nenos e nenas de 2º de Educación Primaria:



XOVES, 4 de decembro de 2014:
O alumnado de 3º de Educación Primaria, foron os padriños dos alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria


VENRES, 5 de decembro de 2014:
O alumnadode 4º de Educación Primaria, foron os padriños dos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Infantil (4 e 5 anos):

miércoles, 26 de noviembre de 2014

SON DE SON

     Iniciamos, fai unhas semanas, un proxecto interdisciplinar de centro, baseado na educación musical. Preténdese con el atender ao desenvolvemento integral do alumnado a nivel cognitivo, afectivo, social, físico e artístico.


     Cada día, escoitarase unha peza musical, que se repetirá nos momentos en que todo o alumnado estea fóra das aulas (entrada, recreo, saída,...).
     A audición da peza musical vai acompañada dunha ficha na que se ofrecen datos significativos (tema, artista, ano,...) e información sobre a canción. Nalgúns casos convídaselles, por exemplo, a resolver algunha cuestión ou visionar algún vídeo na rede, relacionado co tema.
     Ademais, o alumnado de primaria, que o desexe, pode expresar a súa valoración, empregando pegatinas verdes, amarelas ou vermellas, segundo lle gustou mais ou menos a canción. Todos os datos son expostos temporalmente, rexistrados e arquivados para o seu estudo posterior.
     Os criterios de selección atenden a distintas variables, pretendendo representar todas: XÉNERO MUSICAL: rock, clásica, blues, ópera, pop, jazz, fado, folk, étnica, disco, rap, bandas sonoras, country,...
DATA: dende o século XIX ata os nosos días.
PAÍS: representación o mais ampla posible da música do mundo.
IDIOMA: galego, español, italiano, francés, alemán, inglés (UK, USA),...

Aquí vos deixamos unha presentación dalgunhas das cancións que se escoitaron ata hoxe:
     
Agardamos que o desfruten e aproveiten!

domingo, 9 de noviembre de 2014

MAGOSTO: MAGO CHRYSTYAN MAGIC

O pasado venres, 7 de novembro, festexamos no colexio o MAGOSTO. Tivemos a sorte de contar cun mago que xa nos visitou noutras ocasións: 
CHRYSTYAN MAGIC


Aquí vos deixamos unhas fotos...

viernes, 7 de noviembre de 2014

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Chegou o outono e con el o Samaín... e as cabazas.
Esta semana, tivemos a entrada do colexio cheíña de cabazas que aportaron as familias...





jueves, 30 de octubre de 2014

A NOSA RADIO: RADIO CABANAS

Como en anos anteriores, neste inicio de curso, bota a andar RADIO CABANAS, o noso programa de radio.
Como ilustración, aquí vos deixamos unhas fotos do 1º programa de radio deste curso (o alumnado de 5º e 6º de Primaria é o encargado dos aspectos técnicos e da presentación).



viernes, 24 de octubre de 2014

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Acaba de comezar o curso... e nada mais comezar, chega o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Cada curso, tratamos de celebrar o día cunha actividade especial... Nesta ocasión, animamos a todo o alumnado do colexio a que fixera un MARCAPÁXINAS. Nas aulas de Infantil, escollimos un formato determinado, e nas de Primaria deixouse un pouco mais de liberdade á hora de escoller o tamaño, a forma...
Aquí vos deixamos as fotos do "collage" de marcapáxinas que lle fixemos a LIBROUCHO na escaleira do cole...





miércoles, 1 de octubre de 2014

INICIO DE CURSO

Aquí tedes o cartel da campaña do comezo de curso nas bibliotecas escolares galegas:

domingo, 22 de junio de 2014

E CHEGOU O FIN DE CURSO...

E con el, a despedida aos nosos alumnos/as de 6º curso de Primaria...





QUE VOS VAIA MOI BEN A TODOS/AS NA NOVA ETAPA !!

EN PRIMARIA, OS QUE MAIS LERON FORON...

Como en cursos anteriores, quixemos premiar a aqueles alumnos/as que leron mais libros da BE da súa clase (xa sabemos que non só len libros da biblio... ), así que, aquí están:

NORABOA A TODOS/AS!!!

domingo, 8 de junio de 2014

BRINCA VAI! EN FERROL

Un novo libro musical, que xa temos na nosa Biblioteca...
Do 11 ao 15 de xuño terá lugar en Ferrol a "XXV Festa da lectura, o libro e a palabra". No seu programa destaca, o venres, 13 de xuño a presentación do libro-disco BRINCA VAI! de Paco Nogueiras. Aquí tedes o cartel informativo:

Deixámosvos un vídeo:

viernes, 23 de mayo de 2014

ULTIMO DÍA...DA SEMANA CULTURAL 2014

Chegamos ao venres,  último día da nosa VIIIª Semana Cultural...
Hoxe, despois do recreo, xuntámonos todos na entrada do colexio. Alí, os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria interpretaron, cos instrumentos, unha canción que prepararon na clase de música. Despois, os mais pequenos acompañáronos bailando.



Ademais, Esther y Pablo (de 6º de Primaria) e Xiarán (de 5º de Primaria) interpretaron para nós unhas melodías cos seus instrumentos. Que ben o fan!

Logo, todos xuntos, cantamos a canción "ESA LUS", que o alumnado do IES POETA DÍAZ PARDO, de Guitiriz, creou para homenaxear a Xosé Mª Díaz Castro:

A continuación, a representante do Concello, Esperanza, fixo entrega ao alumnado dos premios do concurso que sobre o poeta Díaz Castro se convocou no colexio: (na foto, aparecen so os premiados de Primaria, xa que en E. Infantil, os premios foron para as aulas).


E, aínda houbo mais. Aproveitando que non chovía, dimos unha volta, por fóra do colexio paseando o MAIO:





miércoles, 21 de mayo de 2014

MAIO E ALFOMBRA DE FLORES

Hoxe, o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria colaboraron na confección dun MAIO e dunha ALFOMBRA DE FLORES:




martes, 20 de mayo de 2014

SEMANA CULTURAL: FOFUCHAS



Hoxe estivo no colexio LIDIA PÉREZ DÍAZ (nai de PABLO  e SOFÍA).

Adícase a facer artesanía, e entre as cousiñas que fai están as FOFUCHAS. Estivo na clase de 3º de EP, e durante toda a mañá explicoulles e axudoulles para que cada un dos nenos e nenas fixera a súa propia FOFUCHA... (aínda non remataron, por iso, mañá, en vez de facer outro taller co alumnado de 4º e 5º de EP, vai volver cos de 3º, a ver se así rematan o traballo...)

Fotos do 21 de maio (2ª sesión das FOFUCHAS):


SEMANA CULTURAL: TEATRO

O alumnado de 6º, preparou unha obra de teatro que baixo o título "MEUS QUERIDOS ZOMBIES" nos conta o que lles acorre a uns zombies que xa non asustan a ninguén...
Coma noutras ocasións, fan dúas representacións: unha para o alumnado de Educación Infantil e outra para o de Primaria.
Aquí tedes fotos da representación para Ed. Infantil:

lunes, 19 de mayo de 2014

SEMANA CULTURAL: GLOBOFLEXIA

Obradoiro de Globoflexia, por EVA LÓPEZ CARBALLEIRA (nai de XES e ICÍA), para o alumnado de Educación Infantil (19 de maio) e para o alumnado do 1º ciclo de Educación Primaria (20 de maio).
Eva mostrounos como cuns sinxeliños globos pode facer moitas cousas diferentes: polbos, flores, loros, peixes,...




SEMANA CULTURAL: PLÁSTICO E PAPEL

Obradoiro de reciclaxe: "Plástico e papel":
Recibimos a visita de Chiara Sforzin, diseñadora de interiores e de artigos de decoración elaborados con material reciclado. Nestas fotos podedes ver algúns deses artigos, feitos con cartóns, periódicos e botellas de plástico:






Ademais de mostrarnos as súas creacións, explicoulle ao alumnado do 2º e do 3º ciclo de Primaria como facer algún deses obxetos, e como facer, tamén, xogos moi divertidos...

TRABALLOS CONCURSO LETRAS GALEGAS 2014


Aquí vos deixamos unhas imaxes dos traballos que realizou o alumnado sobre XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, autor ao que se lle adicou este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS:




VIIIª SEMANA CULTURAL LETRAS GALEGAS

Dende hoxe, ate o próximo venres, celebramos no noso colexio a VIIIª SEMANA CULTURAL LETRAS GALEGAS. Nesta ocasión as actividades que imos levar a cabo aparecen no díptico que vos presentamos a continuación e que o alumnado leva hoxe ás casas:

lunes, 5 de mayo de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

O próximo sábado, 17 de maio, é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Nesta ocasión, este día está adicado a o poeta
Outros enlaces, para coñecer a este autor:

Ademais, deixámosvos aquí enlaces a diferentes actividades elaboradas en centros da nosa comunidade:
- CEIP Mallón, Nigrán, Pontevedra: (para Educación Infantil)

- Un conto, do colectivo FABALOBA, sobre Xosé Mª Díaz Castro de pequeno:


Dende o CEIP POETA DÍAZ CASTRO de Guitiriz, chéganos esta fermosa canción. Aquí vola deixamos para que a poidades desfrutar!!

miércoles, 30 de abril de 2014

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Como vos comentamos na entrada anterior, esta semana tiñamos organizados, de novo, APADRIÑAMENTOS LECTORES.
O luns, día 28, os alumnos/as do 2º ciclo de Primaria foron os padriños dos nenos e nenas do 1º ciclo:


O martes 29, tocoulles aos nenos/as de 6º de Educación Infantil escoitar os contos que os sus padriños/madriñas lles tiñan preparados:


E para rematar... hoxe, día 30, os mais maiores do colexio (os de 6º) contaronlles os seus contos aos nenos e nenas de 4º e 5º de Infantil:

miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, conmemórase o 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO...

...e por iso, temos organizadas, no noso colexio unha serie de actividades:

- Temos, dende onte, na entrada unha exposición de libros novos:






- Hoxe, na Hora de Ler, un grupo de alumnos/as de 5º de EP, fixeron unha sinxela presentación, para todo o alumnado de Primaria, sobre o significado do Día do Libro e a súa tradición. Tamén, adicaron unhas palabras a GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ, do que falaron sobre a súa vida e a súa obra.

A continuación, entregáronse os diplomas e uns pequenos agasallos para os elixidos de entre os participantes no concurso "A ÁRBORE MÁXICA". Dende aquí, noraboa a todos os que participaron!




- E aínda nos quedan mais actividades: a próxima semana, os días 28, 29 e 30, teremos, de novo, apadriñamentos lectores.
Esperamos que desfrutedes destas actividades, e sobre todo: que desfrutedes lendo!!!

jueves, 17 de abril de 2014

GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ, "GABO"



Hoxe, deixounos un grande escritor... un premio NOBEL de literatura...
Aos seus 87 anos marchou, pero quedan con nós as súas obras: "Cien años de soledad", "El amor en los tiempos del cólera", "Crónica de una muerte anunciada", "El coronel no tiene quien le escriba",... e tantos outros que nos descobren as súas historias, o seu realismo máxico...

Como recordo, e para que sirva de homenaxe, deixámosvos dúas frases súas:


jueves, 10 de abril de 2014

VISITOUNOS MANUEL GUISANDE

A Concellería de Cultura do Concello de Cabanas, organizou no noso colexio, para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria un "TALLER DE ESCRITURA CREATIVA". 
Este taller, ven da man de MANUEL GUISANDE, escritor, periodista,  e tamén, guionista de curtametraxes (así nolo presenta a Wikipedia).

Na súa faceta como escritor de literatura infantil, no colexio, contamos con exemplares dos seus contos de RODRIBICO:

Aquí tedes unhas imaxes co alumnado de 5º e 6º:
Manuel pediunos se podía ir a algunha clase de educación infantil para estar un ratiño cos nenos/as e contarlles un conto. Por suposto que lle dixemos que si, así que hoxe, 10 de abril, ademais de rematar o taller cos maiores visitou, na Hora de Ler, aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Infantil: