martes, 25 de febrero de 2014

OS ALIMENTOS

Este curso, o tema elixido para traballar, a nivel de centro, foi o da ALIMENTACIÓN, por iso, agora que chega o Entroido ímonos disfrazar de...
... mellor xa o veredes o día do Festival (venres, 28 de febreiro).
Mentres, e para ir ambientando o colexio, na entrada temos "instalada" unha exposición de libros que as familias nos foron aportando sobre o tema.

jueves, 20 de febrero de 2014

GUILLERMO E MIGUEL


Guillermo e Miguel, dous alumnos de 6º de Educación Primaria, ofrecéronse a contarlles un conto aos nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil. O fixeron hoxe, na HORA DE LER, na clase de 5º EI.

miércoles, 19 de febrero de 2014

CONTACONTOS DE KALANDRAKA

Como xa ven sendo habitual por estas datas, hoxe, contamos coa visita de ALEX E PATRICIA, os contacontos da Editorial Kalandraka.


Ás 10 da mañá estaban esperando na aula de psicomotricidade aos nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil.


Estes foron os contos que nos contaron:




jueves, 13 de febrero de 2014

APADRIÑAMENTOS LECTORES: 4º de EP AO ALUMNADO DE 1º DE EP

E para rematar as sesións de Apadriñamentos desta semana, hoxe tocoulles aos nenos e nenas de 1º de EP escoitar aos seus padriños de 4º:


APADRIÑAMENTOS LECTORES: 6º EP AO ALUMNADO DE 2º DE EP

3ª sesión de Apadriñamentos Lectores. Nesta ocasión o alumnado da clase dos maiores (6º de EP) apadriñou aos nenos e nenas de 2º de EP:

martes, 11 de febrero de 2014

APADRIÑAMENTOS LECTORES: 5º EP AO ALUMNADO DE 4º E 5º DE EI

Nesta segunda xornada, de apadriñamentos lectores, o alumnado de 5º curso de Educación Primaria contoulles contos aos mais pequenos do cole: os nenos e nenas de 4º e 5º de EI (3 e 4 anos):

lunes, 10 de febrero de 2014

APADRIÑAMENTOS LECTORES: 3º EP AO ALUMNADO DE 6º EI

Hoxe, na Hora de Ler, o alumnado de 3º de Educación Primaria apadriñou aos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil:

miércoles, 5 de febrero de 2014

ELADIA MARIÑO POLA PAZ

Este ano, para conmemorar o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA, decidimos compoñer entre todo o alumnado do centro un MANDALA. Para iso, primeiro en cada aula pintamos unha parte do MANDALA, e logo, o venres, día 31 de xaneiro entre todos/as o compuxemos:

Así nos quedou: