miércoles, 26 de noviembre de 2014

SON DE SON

     Iniciamos, fai unhas semanas, un proxecto interdisciplinar de centro, baseado na educación musical. Preténdese con el atender ao desenvolvemento integral do alumnado a nivel cognitivo, afectivo, social, físico e artístico.


     Cada día, escoitarase unha peza musical, que se repetirá nos momentos en que todo o alumnado estea fóra das aulas (entrada, recreo, saída,...).
     A audición da peza musical vai acompañada dunha ficha na que se ofrecen datos significativos (tema, artista, ano,...) e información sobre a canción. Nalgúns casos convídaselles, por exemplo, a resolver algunha cuestión ou visionar algún vídeo na rede, relacionado co tema.
     Ademais, o alumnado de primaria, que o desexe, pode expresar a súa valoración, empregando pegatinas verdes, amarelas ou vermellas, segundo lle gustou mais ou menos a canción. Todos os datos son expostos temporalmente, rexistrados e arquivados para o seu estudo posterior.
     Os criterios de selección atenden a distintas variables, pretendendo representar todas: XÉNERO MUSICAL: rock, clásica, blues, ópera, pop, jazz, fado, folk, étnica, disco, rap, bandas sonoras, country,...
DATA: dende o século XIX ata os nosos días.
PAÍS: representación o mais ampla posible da música do mundo.
IDIOMA: galego, español, italiano, francés, alemán, inglés (UK, USA),...

Aquí vos deixamos unha presentación dalgunhas das cancións que se escoitaron ata hoxe:
     
Agardamos que o desfruten e aproveiten!

domingo, 9 de noviembre de 2014

MAGOSTO: MAGO CHRYSTYAN MAGIC

O pasado venres, 7 de novembro, festexamos no colexio o MAGOSTO. Tivemos a sorte de contar cun mago que xa nos visitou noutras ocasións: 
CHRYSTYAN MAGIC


Aquí vos deixamos unhas fotos...

viernes, 7 de noviembre de 2014

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Chegou o outono e con el o Samaín... e as cabazas.
Esta semana, tivemos a entrada do colexio cheíña de cabazas que aportaron as familias...