viernes, 30 de octubre de 2015

OS NOSOS MINI-LIBROS

Xa están todos!!!
Colocadiños, para que todos e todas poidades visitar a nosa mini-biblioteca e desfrutar de todos os contiños que nela hai!!

viernes, 23 de octubre de 2015

RADIO CABANAS. 2

Pograma nº 2:

Coordinadora: LAURA (6º)
Presentadores: JENNY (5º) e ALONSO (6º)
Técnicos de Son: MANUEL e MENCÍA (5º)

Alumnado participante: 1º e 2º de Primaria

Nivel de audiencia: destinado ao alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º curso de Primaria

Aquí vos deixamos unha fotos...

         

 

jueves, 22 de octubre de 2015

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

Como en cursos anteriores, achégase o DÍA DA BIBLIOTECA. Nesta ocasión, o día 24 de outubro é sábado polo que no noso colexio as actividades que organizamos para a súa celebración serán a semana do 26 ao 29.

Para iso, temos preparadas varias actividades:

- LUNS 26 de outubro: nas clases, cada grupo de alumnos/as poderá disfrutar, na HORA DE LER, de "LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DEL SEÑOR MORRIS LESSMORE"




- MINI-LIBROS: a partires dun modelo, que se lles facilitará aos alumno/as e profesorado, terán que elaborar un mini-libro de temática e técnica libre. Con todos eles faremos unha exposición entre os días 26 e 29 de outubro na entrada do centro.
Xa temos unha mini-biblioteca esperando polos contos...



- "CORRE, CORRE, CABACIÑA!": O alumnado de 6º curso de Primaria está preparando para representar este conto. O público será o alumnado de Infantil.

Fotos da actuación:






viernes, 9 de octubre de 2015

RADIO CABANAS. 1

Hoxe, tivemos o primeiro programa deste curso de...


RADIO CABANAS

Como xa saberedes, porque o explicamos en entradas anteriores, trátase dun Programa radiofónico elaborado polo alumnado de 5º e 6º de Primaria, e que se leva a cabo os venres despois do recreo. En principio, está plantexado para levalo a cabo quincenalmente.

Este primeiro programa foi para todo o alumnado do centro.


Para que os vexades, aquí vos deixamos as fotos das presentadoras: NOA (5º) e ANDREA (6º) e os técnicos de son: VALENTÍN (5º) e TEO (5º), sen olvidar ao cordinador do programa: HUGO (6º).



Foi un programa moi divertido, xa que ademais de ter as súas seccións habituais (felicitación de aniversarios, o tempo, música,...) tivemos unha sorpresa moi agradable: algúns dos alumnos/as de 5º curso disfrazados dos TELETUBBIES, deixaron coa boca aberta aos mais pequenos!!
Mirade que guapos estaban!!




Neste ENLACE, podedes escoitar o programa de radio.