lunes, 30 de noviembre de 2015

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Durante esta semana, do 1 ao 4 de decembro, na Hora de Ler, imos levar a cabo os primeiros APADRIÑAMENTOS LECTORES deste curso!!

O reparto é o seguinte:


sábado, 28 de noviembre de 2015

XOSÉ NEIRA VILAS (1928-2015)



Villa de Cruces, Pontevedra, 
(2 de novembro de 1928- 27 de novembro de 2015)

Un documento sobre este escritor admirable e admirado. Enlace

Fundación XOSÉ NEIRA VILAS

Biografía

Deixámosvos, tamén este vídeo. Quen mellor que el mesmo para falar da súa vida e da súa obra!!

viernes, 27 de noviembre de 2015

RADIO CABANAS. 4

Programa nº 4:

Coordinadora: KENIA (6º)
Presentadores: SANTI e ANA (5º)
Técnicos de Son: BRAIS  COUCE (5º) e ANTÓN (6º)

Alumnado participante: Educación Infantil



Nivel de audiencia: Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria



  




                       

 

CLUBE DE LECTURA: O PRINCIPIÑO

Unha nova actividade chega ao noso cole...
Nati é a encargada de levar adiante este proxecto: voluntariamente algo mais de 20 alumnos/as, sobre todo de 3º e 5º de Primaria, son os que se animaron a participar. Como podedes entender polo título, a obra escollida é
"O PRINCIPIÑO"
Autor: Antoine de Saint-Exupéry

          








   As sesións, do clube de lectura, están plantexadas para ser levadas a cabo na Hora de Ler.

Xa vos iremos contando...


LIBROS NOVOS...

Na entrada do cole temos xa colocadas algunhas das novedades deste trimestre...
Botádelles un vistazo!!

jueves, 26 de noviembre de 2015

O PAIS DOS MANDÓNS

Como xa indicamos noutra entrada, neste mes de novembro o alumnado asistiu a diferentes representacións en Narón. As do alumnado de Primaria foron no Pazo da Cultura e a do de Infantil, que foi hoxe, foi no Auditorio.

A obra representada hoxe, levaba por título:
"O PAIS DOS MANDÓNS"
Foi a primeira excursión, no cole, do alumnado de 4º de Infantil, así que vos deixamos unhas fotos da súa viaxe en bus!!









miércoles, 25 de noviembre de 2015

XORNADA SOBRE ACUICULTURA ECOLÓXICA

Hoxe, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, tiveron a ocasión de participar nunha Xornada de Acuicultura Ecolóxica impartida por CRAEGA.


O CRAEGA, con está campaña, pretende sensibilizar á poboación mais nova, para que coñeza que é a produción ecolóxica e mais concretamente, a acuicultura ecolóxica. Nesta Xornada, explicáronlles que tipo de produtos están dentro desta certificación e cales  son as súas características diferenciadoras como produtos de calidade. Para rematar houbo unha degustación de produtos ecolóxicos do mar.

Aquí vos deixamos os enlaces a diferentes páxinas onde se comenta esta actividade:

Acuicultura ecolóxica no CEIP Eladia Mariño

Aquí tedes algunhas fotos...








viernes, 13 de noviembre de 2015

RADIO CABANAS. 3

Pograma nº 3:

Coordinadora: ALICIA (5º)
Presentadores: ANDREA BRICEÑO (6º) de PABLO (5º)
Técnicos de Son: BRAIS FRAGA (5º) e ÁNGEL (6º)

Alumnado participante: 3º e 4º de Primaria

Nivel de audiencia: destinado ao alumnado de 3º e 4º, 5º e 6 de Primaria



              





Se queredes escoitar o programa, pinchade AQUÍ

domingo, 8 de noviembre de 2015

SAMAÍN 2015

O colexio estivo, durante estes días, ocupado por CABAZAS!!
                         





                       



Aquí tedes outra presentación, que xa está á vosa disposición na páxina web do cole:

MAGOSTO 2015


O pasado venres, 6 de novembro, celebramos no colexio o MAGOSTO.

Como xa vos comentamos nunha entrada anterior, a Concellaría de Cultura do Concello de Cabanas, organizou para nós unha representación de títeres, a cargo do grupo FANFARRA TÍTERES. Este grupo está formado por ROBERTO C. MOURIÑO e SOFÍA ESPIÑEIRA. 
A obra que nos presentaron levaba por título:
" A MODERNIDADE CHEGA Á VILA"

Aquí vos deixamos unhas cantas instantáneas da obra...






















Despois do recreo, disfrutamos do MAGOSTO xunto cos familiares que nos quixeron acompañar...