Dende fai varios anos, vense conmemorando o 24 de febreiro, o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores de Lingua Galega (AELG), por ser esta a data do seu nacemento.
No noso colexio, tamén nos sumamos a esta conmemoración.
Nesta ocasión, con dúas actividades especiais:
- Cada alumno/a do centro elaborou unha postal conmemorativa para mandar ás casas (dependendo dos cursos, uns a levaron en man para casa e outros as enviaron por correo postal).
- Programa de Radio Especial (habitualmente os programas de radio os facemos en venres, pero nesta ocasión o fixemos en mércores coincidindo con esta data sinalada)
Coordinador:
ALONSO (6º)
Presentadores:
TEO e MENCÍA (5º)
Técnicos de Son:
CRISTIAN (5º) e
ANDREA BRICEÑO (6º)
ALONSO (6º)
Presentadores:
TEO e MENCÍA (5º)
Técnicos de Son:
CRISTIAN (5º) e
ANDREA BRICEÑO (6º)
Vos deixamos, a continuación, os vídeos do programa:
Ademais, dende fai uns meses, o alumnado de 5º e 6º de Primaria están recompilando información sobre Dona Eladia Mariño, mestra que da nome ao noso centro. Por iso, aproveitaron o programa de radio para falarnos un pouquiño dela...