jueves, 31 de marzo de 2016

CREATIVIDADE (1)

Neste terceiro trimestre, no noso colexio, por acordo de todo o profesorado do centro, decidíuse sustituír unha sesión da Hora de Ler (a do xoves, concretamente) para traballar co alumnado a creatividade en todas as súas vertientes.
O espírito da actividade é que a suma de todas as posibilidades de cada un conta, fomentando así o traballo colaborativo, non competitivo.
Os resultados de cada sesión expóñense en común para a reflexión.

1ª sesión (31-3-16):
Empregando a palabra CREATIVIDADE, buscar outras palabras que se poden formar a partires das súas letras. 

O alumnado de Educación Infantil decorou as letras da palabra libremente: 

4º E. Infantil (3 anos):


5º E. Infantil (4 anos):



 6º E. Infantil (5 anos):




Nas escaleiras se dispuxo un amplo espazo para colocar todas as palabras que  xurdiron, en todas as clases de Educación Primaria,  e coa posibilidade de que se engadan outras que poidan xurdir, mais adiante.










lunes, 14 de marzo de 2016

CONTACONTOS DE KALANDRAKA

Hoxe, na Hora de Ler, o alumnado das tres aulas de Infantil, foron para a aula de psicomotricidade. Alí, os estaban esperando PATRICIA e ALEX, os CONTACONTOS de KALANDRAKA. 


 Como podedes ver na foto da dereita, trouxeron un lote de libros, e deses libros contaron tres:




Pero, ademais de contar estes contos, ALEX, que é un músico de primeira, fíxolles pasar un rato marabilloso con algún dos seus instrumentos: 
- o acordeón,
- a frauta de émbolo (que lles chamou moito a atención),
- a carraca, que facía moito ruído!!  

Aquí vos deixamos mais fotos para que lles botedes un vistazo!!

         


viernes, 11 de marzo de 2016

RADIO CABANAS: DÍA DA MULLER

Hoxe, o noso programa de radio foi feito por mulleres... de 5º de Primaria!!

Nos  micrófonos: ANA, NOA, ALICIA e OLAYA.



Na parte técnica: CAROLINA, JENNI e MENCÍA.



Neste programa, destacaron as entrevistas que, dúas alumnas, fixeron ás súas nais: Mencía, á súa nai que traballa nun Hospital de Ferrol; e Carolina, á súa que traballa nunha entidade bancaria en Pontedeume. As preguntas que lles fixeron foron as seguintes:

- Como muller, recibes o mesmo trato que un home no teu traballo?
- Cobras o mesmo soldo?
- Que tiveches mais doado, ou mais difícil, que un home?
- Conciliación da vida laboral coa familiar, é fácil?
- Axúdanche na casa?
- Cres que se avanzou na igualdade entre homes e mulleres dende que eras pequena?

Tan pronto nos sexa posible incluiremos algún vídeo do programa.

martes, 8 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER 2016



Hoxe, celébrase o




No noso colexio, nas clases, fixéronse diferentes actividades: lectura de contos, visionado de vídeos,...

A nivel xeral, o noso programa diario de SON DE SON, organizou para toda a semana audicións especiais...

Ademais, se recordades dunha entrada anterior, o alumnado de 5º e 6º estivo traballando sobre ELADIA MARIÑO (1907-1965), mestra de Cabanas, que da nome ao noso centro.





Pois aquí vai a nosa sinxela homenaxe a todas as mulleres, a todas!!

E queremos aproveitar para deixarvos este vídeo, que tomamos prestado do CEIP San Xoan de Filgueira, de Ferrol,  (adicado ás AVOAS),  dunha artista á que admiramos moito:

SOFÍA ESPIÑEIRA


Desfrutádeo!!

lunes, 7 de marzo de 2016

PEPE: O NOSO CONSERXE


Hoxe, no recreo, tivemos unha festa moi especial...

PEPE, o noso conserxe, se nos xubila. A verdade é que todos e todas estamos de acordo en que o descanso está moi, pero que moi, ben merecido.

Entón, que menos que organizarlle unha festa... con chocolate con churros!!!
Non faltaron, por suposto, uns agasallos, para que se acorde de todos nós de vez en cando...

Desfruta desta nova etapa Pepe!! Botarémoste moito de menos!!!