martes, 21 de junio de 2016

AS MAIS LECTORAS!!

Como todos os cursos, ao remate, facemos un reconto dos libros da Biblioteca que leron cada un dos alumnos e alumnas de Primaria do colexio.
Por iso, e para recoñecerlles o seu entusiasmo, preparamos uns sinxelos diplomas e uns agasallos.
Aquí tedes ás galardonadas deste curso:


lunes, 20 de junio de 2016

VISITA AOS BOMBEIROS

Hoxe, o alumnado de 6º de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria tivo a oportunidade de visitar o PARQUE DE BOMBEIROS de FERROL. Os nenos e nenas, pasáronno xenial, sobre todo coa espuma!!



viernes, 17 de junio de 2016

DESPEDIMOS AO ALUMNADO DE 6º CURSO DE PRIMARIA...

Remata o curso...
Remata a estancia no noso centro dos alumnos e alumnas que neste curso fixeron 6º de Primaria...
Para despedilos, xuntámonos todos/as no patio cuberto, onde proxectamos unha sinxela presentacións con fotos deles dende que entraron no cole (alá polo curso 2007) ata o actual.
Tamén se lles fixo entrega dunha foto recordo do grupo, da súa graduación.
Esperamos que todo vos vaia de marabilla a partires de agora!!


                  


jueves, 16 de junio de 2016

VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE

Hoxe, o alumnado de Educación Infantil visitou o Aquarium Finisterrae de A Coruña. Aquí vos deixamos unhas fotos para que poidades velas!

domingo, 12 de junio de 2016

I XORNADA DE ATLETISMO DIVERTIDO

O venres, 10 de xuño, todo o alumnado de Primaria do cole, participou nunha xornada de atletismo no pavillón, na que colaborou a Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Cabanas.

Estiveron con eles: Paula Mayobre, Luz Cercido, Sergio Piñón, Adrián Bouza, Ero Doce e Cristóbal. Por turnos, foron animando a cada grupo a participar nas diferentes estacións: lanzamentos, saltos, carreiras,... Os grupos estaban formados polos alumnos e alumnas de cada curso de Primaria.

Ao remate, entregousellle a cada neno/a unha medalla, pola súa participación.








RADIO CABANAS (9-6-16)

Nesta ocasión, foi o alumnado de 6º de Primaria o encargado de facer o programa. 
Programa nº 10:
Coordinador: ANTÓN (6º)
Presentadores: ANDREA BRICEÑO,  ALONSO e ANDREA GARCÍA
Técnicos de Son: ÁNGEL e HUGO

Alumnado participante: 6º de Primaria
Nivel de audiencia: Todo o alumnado do centro

       




Como podedes ver na foto, aproveitamos o programa para agradecer a FRANCES, a auxiliar de conversa que estivo con nós este curso e o anterior, todo o seu traballo durante estes dous cursos. 

Esperamos que, xa que non vai estar con nós o próximo curso, lle vaia todo moi ben. Ímola botar todos e todas moito de menos!!



EXCURSIÓN A ALDEA NOVA (NARÓN)

O pasado mércores, 8 de xuño, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, foron de excursión a ALDEA NOVA (parque temático do mundo rural en Sedes, Narón). As profes aproveitaron para facer algunhas fotos, e aquí volas deixamos:




jueves, 2 de junio de 2016

REVISTA ESCOLAR: XENTE NOVA Nº 28

Este curso, decidimos no colexio, que a nosa Revista Escolar únicamente fose en formato dixital...
. Esperamos que vos guste!!