sábado, 25 de febrero de 2017

FESTIVAL DE ENTROIDO 2017

Estas son as fotos de grupo que fixemos do alumnado de cada curso.








domingo, 19 de febrero de 2017

O ENTROIDO XA CHEGOU!!

Estamos na semana do Entroido. 
Ata que chegue o venres, día do Festival, quédanos moito traballo no cole: temos que rematar as cousas que imos preparando nas diferentes clases para o venres, ensaiando as nosas actuacións,... e ademais, facendolle caso ao noso MECO, que veu cos seus MADADOS ben pensados!!




Aquí vos deixamos o programa da festa do ENTROIDO:


miércoles, 15 de febrero de 2017

O ALUMNADO DE INFANTIL DE VISITA EN EXPONAV. FERROL

Tocou saír de excursión...
Todo o alumnado de Educación Infantil, puido hoxe visitar EXPONAV, Museo da Construcción Naval en Ferrol.

A visita consistiu nun taller: O TALLER DOS PIRATAS. Como aparece recollido na páxina web, neste taller, o alumnado fai un percorrido polo museo, acompañando a unha pirata á que teñen que axudar a atopar un tesouro seguindo pistas que hai nos diferentes espacios.
Contáronvos na casa se atoparon o tesouro??


martes, 14 de febrero de 2017

PROGRAMA EDUCACIÓN EMOCIONAL PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA



Hoxe, comezou no noso cole, un PROGRAMA DE EDUCACIÓN EMOCIONAL, dirixido ao alumnado de Educación Primaria. Organizado polo CONCELLO DE CABANAS, e levado á práctica por ATALAIA SOCIAL.


Na aula de psicomotricidade, o alumnado dividido en tres grupos, puideron asistir a unha obra de teatro.

Aquí vos deixamos fotos desta actividade:








Despois desta actividade, este obradoiro continúa con dúas sesións en cada un das aulas, que se levarán a cabo dende hoxe ata o día 21.

lunes, 6 de febrero de 2017

CREATIVAMOS: ARTE URBANA




Nesta sesión, ademais de comezar preguntando que é esto da ARTE URBANA, presentóuselle ao alumnado, nas diferentes aulas, este vídeo: 


O obxectivo desta sesión é a de espertar a curiosidade do alumnado, a súa capacidade de sorpresa ante tanto despliegue de creatividade.

E para seguir creando arte, proponse ao alumnado (e tamén ao profesorado do cole) que diseñen unha obra de arte para decorar unha parte do noso cole:





miércoles, 1 de febrero de 2017

EXCURSIÓN Á CASA DAS CIENCIAS E Á DOMUS (5º e 6º EP)

Hoxe, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria foron  a A Coruña. 
Primeiro, visitaron a CASA DAS CIENCIAS e a continuación, a DOMUS, onde asistiron a unha proxección en 3D (fixádevos que guapos están todos/as coas gafas!)