lunes, 27 de marzo de 2017

CREATIVAMOS: QUE VEN OS MEUS OLLOS??

Nesta ocasión, trátase o tema das ilusións ópticas e outras dimensións perceptivas.


viernes, 24 de marzo de 2017

PROGRAMA Nº 7 RADIO CABANAS: ESPECIAL GLORIA FUERTES

Como xa sabedes, o día 21 de marzo conmemórase o DÍA MUNDIAL DA POESÍA. 

Ademais, no ano 2017, conmemórase o centenario do nacemento de GLORIA FUERTES, autora de numerosos poemas para nenos.

Pois ben, tendo en conta isto, este programa de radio adicámolo a esta persoa que tan únida estivo ao mundo dos nenos (seguro que moitos pais e nais do noso alumnado recordan da súa infancia algún poema ou canción de Gloria, non??)

O programa comezou, coa presentación do equipo de alumnos e alumnas que se fixeron cargo do mesmo.
              







Coordinador: ANXO (6º)
Presentadores:CANDELA (5º) e ALICIA (6º)
Técnicos de Son:JAIME (5º) e ANXO (6º) 
Participantes:Alumnado de Educación Infantil
Audiencia: todo o alumnado do cole

Logo, da sección habitual de felicitacións para aqueles que cumpriron anos desde o último programa, o noso comentarista de ACTUALIDADE, BRAIS COUCE de 6º EP, deulle un repaso aos acontecementos recentes: falounos do BREXIT e tamén do atentado de Londres desta mesma semana.


O alumnado de 4º EI (3anos) contounos a historia de "EL COCINERO DISTRAÍDO":


Logo, LUCÍA, IRENE, ARIADNA, CAROLINA e ANTÍA de 4ºEP nos contaron parte da biografía da autora:



Ademais, escoitamos a Gloria Fuertes, na súa propia AUTOBIOGRAFÍA:



A continuación, os alumnos e alumnas de 5º EI (4anos), nos ofreceron dúas actuacións: primeiro a canción de "A CAROLINA", que levan mooooito tempo practicando...


E despois, recitaron o poema de Gloria Fuertes "DON LIBRO ESTÁ HELADO"


Por último, o alumnado de 6º EI, nos deleitou coas "ALELUYAS DE DON PIRULÍ DE LA HABANA"


Para rematar o programa, un mosquito moi especial veu falar do TEMPO e da predición meteorolóxica para o fin de semana:

jueves, 23 de marzo de 2017

PROGRAMA DE EDUCACIÓN EMOCIONAL PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Hoxe, O alumnado de Infantil participou no PROGRAMA DE EDUCACIÓN EMOCIONAL, organizado polo CONCELLO DE CABANAS, e levado á práctica por ATALAIA SOCIAL.

Ás 10 da mañá, baixaron todos os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos, á aula de psicomotricidade para participar nunha actividade levada a cabo polo Doctor Tilla (CAXOTO)



Ademais desta sesión todos xuntos, cada grupo, na súa clase, vai participar en dúas sesións mais.

viernes, 17 de marzo de 2017

CREATIVAMOS: SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS

Unha nova proposta de creatividade para o noso alumnado...


Nesta ocasión, logo de ver unha parte dun vídeo (en inglés) sobre o tema ("Superheroes and superpowers wiki for kids at cool school") e dialogar sobre o tema, o alumnado tivo que debuxarse a si mesmo, caracterizado de superheroe/ina. Todos estes debuxos están recollidos nun álbum-libro que temos exposto na entrada do centro.


Na seguinte presentación, podedes ver a todos os superheroes e superheroínas do noso cole!! Se queredes saber os seus nomes e os seus poderes teredes que botarlle un ollo ao álbum.


Ademais, na sesión extra do xoves houbo uns convidados moi especiais!!

viernes, 10 de marzo de 2017

PROGRAMA Nº 6 RADIO CABANAS: ESPECIAL ANDRÉS DO BARRO

O programa de hoxe, estivo adicado ANDRÉS DO BARRO

A proposta xurdiu do Concello, que, declarou o ano 2017 como "ANO ANDRÉS DO BARRO" (ano no que se celebra o 70 aniversario do seu nacemento).
Aínda que naceu en Ferrol, a súa vida estivo vinculada a Cabanas, en concreto á parroquia de San Martiño, onde pasaba longas tempadas. 
Isto reflexouse na súa obra, tanto nas letras das súas cancións coma na elección dos escearios para os seus vídeos. Aquí vos deixamos un exemplo: "CORPIÑO XEITOSO"


Logo, desta pequena introducción, ímosvos contar como foi o programa de radio...

Coordinadora: MENCÍA (6º)
Presentadores:SANTI (6º) e CLAUDIA (5º)
Técnicas de Son: TEO e MANUEL (6º)
Participantes: 3º, 4º, 5º e 6º de EP
Audiencia: todo o alumnado do cole



ACTUALIDADE: O alumnado de 5º curso, elaborou un artigo sobre o roubo que houbo no colexio, a partires das entrevistas que lle fixeron a varios membros da comunidade educativa. ZELTIA, MARTÍN, XAVI e SARA, explicáronnos o contido deste artigo.



Logo, puidemos escoitar o audio dunha gravación do alumnado de 5º curso, interpretando unha canción de SOFÍA ESPIÑEIRA, "MARUXIÑA" que fala dunha aldea na que hai ladróns...


A continuación, deron paso á sección especial sobre ANDRÉS DO BARRO:

BIOGRAFÍA ANDRÉS DO BARRO: MARA (5º) e DAVID (6º)


Despois, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, interpretou diferentes cancións deste músico:







Ademais, OLAYA e ANA de 6º de Primaria, interpretaron "PANDEIRADA"



Para rematar o programa, todo o alumnado se moveu ao ritmo de "O TREN"!!



Ata aquí a nosa homenaxe a ANDRÉS DO BARRO... Que vos pareceu??

viernes, 3 de marzo de 2017