viernes, 28 de abril de 2017

PROGRAMA DE RADIO Nº 8 RADIO CABANAS: ESPECIAL DÍA DO LIBRO

Como seguro xa sabedes, o día do LIBRO é o 23 de abril. Este ano coincidiu en domingo, así que no colexio non o celebramos ese mesmo día, senón o mércores 26 cun programa de radio especial.
Coordinador: BRAIS COUCE (6º)
Presentadores:SARA (5º) e MANUEL (6º)
Técnicos de Son: SOFÍA (5º) e OLAYA (6º) 
Participantes: Alumnado de 1º e 2º EP
Audiencia: todo o alumnado do cole


Logo das presentacións e da sección na que felicitan aos que estiveron de cumple dende o programa anterior, Manu falounos de Inés Prado Acebo, ferrolá de 20 anos que é a primeira muller que gaña o campeonato galego absoluto de xadrez. 
A continuación, o alumnado de 1º de Primaria, representou, para o público presente, a súa obra "UNA SOPA EN MI MOSCA"






Despois, parte do alumnado de 2º de Primaria recitou varios poemas:
"Un regalo": XOANA, BRUNO, CARLA e PABLO
"Soño de cores": INÉS MARTIÑA e LUCÍA CRIADO
"Meus libros": CARLOS, LOIS e SUSANA
"Refráns": LUCÍA LÓPEZ e PAULA

  
  

Brais Couce, de 6º, falounos da predición meteorolóxica e para rematar, o alumnado de 6º de Primaria, (que alá polo ano 2007 chegaba ao noso cole) falou da súa primeira profe MARIBEL, que remata o seu traballo no cole esta mesma semana.
Sumámosnos aos desexos dos seus alumnos e alumnas: que desfrute desta nova etapa da vida, que a ten ben merecida!!


jueves, 27 de abril de 2017

FINA CASALDERREY NO NOSO COLE


Hoxe, xoves, 27 de abril, tivemos no colexio unha visita moi especial: 





Dende principios do segundo trimestre, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria estiveron lendo libros seus:

-          Alumnado de 4º EP: “Chamizo
-          Alumnado de 5º EP: “A lagoa das nenas mudas
-          Alumnado de 6º EP:  “Ás de mosca para Ánxo” 


         

Así que, a súa visita era moi esperada!!

Contounos moitas cousiñas: dos seus libros, da súa vida, da súa experiencia,... Contestou a todas as preguntas que lle fixeron as nenas e nenos, e ao final (cunha pluma moi especial) adicou todos os libros que lle achegaron, incluso unha camiseta!!       

        

lunes, 24 de abril de 2017

CREATIVAMOS: OS COMEZOS DO CINE E A ANIMACIÓN

Continuando coas ilusións ópticas da sesión anterior, nesta ocasión abórdase o tema das imaxes (fixas) en movemento: a animación. 



viernes, 7 de abril de 2017

O RECANTO DAS EMOCIÓNS

Hoxe remata o segundo trimestre, e tamén rematan as actividades do PROGRAMA DE EDUCACIÓN EMOCIONAL que se desenvolveron ao longo deste trimestre.
Os diferentes grupos foron baixando ao noso RECANTO DAS EMOCIÓNS, onde RAQUEL lles foi explicando todo o que alí hai.
Aquí vos deixamos unhas fotos para para que vexades todo o que se fixo:









lunes, 3 de abril de 2017

PLANTANDO NO PIÑEIRAL...

Como xa ven sendo habitual por estas datas do mes de abril, o Concello de Cabanas organiza para o alumnado unha plantación de árbores. Nesta ocasión, o alumnado que acudiu ao piñeiral da praia da Magdalena foi o de 1º, 2º e 3º de Primaria.