viernes, 23 de junio de 2017

ÚLTIMO DÍA DE CLASE...

E chegou o día...
Último día deste curso con moitas emocións...


Co patio cuberto convertido nun "especial salón de actos"... (coas ventanas ben tapadiñas), puidemos ver, todos xuntos, a presentación da revista "XENTE NOVA" que xa vai polo seu número 29.
A continuación, repasamos, co alumnado de 6º curso, moitas das súas andainas no colexio, desde o ano 2008, cando chegaron, case todos, con 3 aniños...


Logo, deron paso á entrega de diplomas e á despedida da que foi a súa titora estes dous últimos cursos: SIRA.



Ademais, o alumnado de 5º curso de Primaria, adicoulle unhas palabras a ISABEL, que foi titora deles en 3º e 4º de Primaria e que se xubila neste fin de cursol!





E, entre o alumnado de 5º temos unha artista: LAURA. Quixo agasallar á súa titora coa interpretación dunhas cancións co acordeón, e tivemos a sorte de que tamén quixo tocar para todo o colexio!!


E, como broche final a esta xornada, un grupo de nenas de 4º de Primaria bailou para todos o tema "Despacito", e, por suposto, acabaron convidando a todo o colexio a bailar con elas!!


Rematamos así este curso, desexándovos a todos e todas que desfrutedes moito das vacacións que empezan.

XENTE NOVA Nº 29

Aquí tedes a revista escolar "XENTE NOVA" deste curso. Se pinchades na imaxe accederedes á súa presentación en  ISSUU. Se preferides velo en formato vídeo, tamén o tedes, un pouquiño mais abaixo. Esperamos que vos guste!!


jueves, 22 de junio de 2017

EXCURSIÓN A CAMPO LAMEIRO. PONTEVEDRA

Logo de ter que cambiar a data da excursión, de onte para hoxe (pola folga dos autobuses) por fin o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º marchou de excursión ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro
A viaxe comezou ás 9 e media da mañá (bueno, un pouquiño mais tarde...) e logo de dúas horas de viaxe chegaron ao destino.
Polo que nos dixeron @s profes que foron, pasárono xenial e (como xa supoñíamos) o noso alumnado portouse de marabilla!!!
A verdade é que despois de traballar durante todo o curso sobre a HISTORIA, esta excursión foi un bon broche final...



martes, 20 de junio de 2017

XORNADA DE CONVIVENCIA CO CEIP SANTIAGO APÓSTOLO DE FRANZA

Terceiro curso no que organizamos esta xornada de convivencia co alumnado e profesorado do CEIP Santiago Apóstolo de Franza, Mugardos.
Nesta ocasión, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria quedaron no noso colexio e tiveron a ocasión de asistir a un concerto de nenos e nenas da Escola de Música de Cabanas. Entre os interpretes había alumnos/as do noso centro e tamén algúns exalumn@s!: Pablo, Esther, Noa, Carolina, Iria,...


O piñeiral foi o lugar elixido para que o resto do alumnado de Primaria (de 3º a 6º curso) participara en xogos organizados para eles. Aquí vos mostramos unhas poucas fotos do ben que o pasaron!









miércoles, 14 de junio de 2017

XOGOS NO PATIO

Estes días, cando xa falta pouco para que remate o curso, estreamos xogos que, o profe DIEGO, pintou no chan de acceso ao pavillón:











domingo, 11 de junio de 2017

ACAMPADA 2017

O pasado xoves, 8 de xuño, organizouse unha ACAMPADA no colexio para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
Contaron coa participación de LA GUAGUA que organizou para o alumnado un montón de actividades.



Na clase de 6º, fixeron unha presentación coas súas fotos. Podedes vela pinchando na seguinte foto:


miércoles, 7 de junio de 2017

OS PEQUENOS CONTAN O QUE APRENDERON AOS MAIORES

Hoxe, o alumnado de 6º de Primaria visitou aos nenos e nenas da clase de 5º de Infantil (4anos) na súa propia aula. Leváronlles unha pirámide feita por eles mesmos e os pequenos lles explicaron aos maiores todo o que aprenderon sobre os exipcios.
Os pequenos deixaron abraiados aos maiores, que se sorprenderon incluso do vocabulario que empregaban nas súas explicacións!








A continuación podedes ver unha presentación que elaborou TEO de 6º sobre esta actividade:

Un aplauso para estes pequenos. Cantas cousiñas aprenderon e cantas nos poden ensinar!!

EXCURSIÓN: MUÍÑO DE PEDROSO, NARÓN

E seguimos con excursións!!

Hoxe, tocoulle o turno ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. E o lugar elixido foi o MUÍÑO DE PEDROSO en Narón.
Alí puideron participar en diferentes talleres.




lunes, 5 de junio de 2017

EXCURSIÓN "ONDAS DE ILUSIÓNS, ESCOLAS DO MAR"


Neste terceiro trimestre do curso, GALP* organizou a primeira campaña escolar de divulgación dos recursos do mar: ONDAS DE ILUSIÓNS: ESCOLAS DO MAR 2016-2017.

No noso colexio, participaron nesta campaña os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria nas seguintes actividades:
- Día 25 de maio: charla sobre conservación e biodiversidade mariña no colexio
- Día 2 de xuño: excursión ao Museo de Historia Natural e a EXPONAV en Ferrol.

Se premedes na seguinte imaxe, podedes acceder á páxina ondasdeilusións.es, onde hai fotos e nos contan mais detalles destas actividades:

E, para rematar, aquí tedes mais fotos:





*GALP (Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte): entidade colaboradora da Consellería do Mar para a xestión das axudas do Programa FEMP 2014-2020 no territorio que abarca os Concellos de: Ferrol, Narón, Neda, Fene, Mugardos, Ares, Cabanas, Pontedeume, Miño e Paderne.