Na entrada do colexio temos expostas todas as cabazas que foron chegando...
martes, 31 de octubre de 2017
31 DE OUTUBRO...
Fotos do acontecido hoxe no colexio, ao longo de toda a mañá...
A gran maioría dos nenos e nenas viñeron xa, disfrazados e pintados da casa. Outros aceptaron pintarse no cole. As profes NATALIA e SANDRA, ocupáronse diso!.
No recreo e na Hora de Ler, o alumnado de Primaria puido participar en uns xogos preparados polo profesorado no pavillón:
lunes, 30 de octubre de 2017
LENDAS E HISTORIAS NA COVA: O HOME DO ESPELLO
Aldara e Candela contáronlles "O HOME DO ESPELLO" aos nenos e nenas de 3º. Como o espazo da cova é moi reducido, tiveron que facer dúas sesións!
domingo, 29 de octubre de 2017
LENDAS E HISTORIAS NA COVA
Outra actividade organizada desde o Equipo da Biblioteca Escolar coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística.
viernes, 27 de octubre de 2017
RADIO CABANAS 17-18 Nº 2
Ese día foi o martes, así que, nós aproveitamos para celebralo hoxe co noso programa de radio.
Presentadores: SARA (6º) e TEO (5º)
Técnicas: CANDELA (6º) e CAROLINA (5º)
Participantes: alumnado de 5º e 6º de Infantil, alumnado de 6º de Primaria
Audiencia: todo o alumnado do cole
Iniciamos o programa (logo de felicitar aos que estiveron de aniversario desde o programa anterior), cos nenos e nenas de 6º de Infantil (5 anos) que recitaron unha poesía sobre o tema no que estiveron a traballar na clase: OS VOLCÁNS
A continuación, foi a actuación do alumnado de 5º de Infantil (4 anos): unha canción con baile incluído de Pinocho:
IRIA e MARTÍN de 6º contáronnos como lles foi (a eles e aos seus compañeiros/as) en Os Peares, na "ENGLISH WEEK", ademais, contestaron ás preguntas que lles fixeron varios alumnos e alumnas do centro:
Logo, o noso programa tornouse un pouquiño serio... Como din os presentadores non podemos esquecer o que pasou en Galicia, nos nosos montes,... Por iso, o alumnado de 6º de Primaria quixo facer unha chamada en defensa da nosa terra e expresar este sentimento que compartimos todos e todas!
E, para rematar, non podía faltar a predición do tempo. Nesta ocasión foi DIEGO (6º EP) quen nos falou do tempo bon e do tempo malo... xa sabemos que todo é relativo...
martes, 24 de octubre de 2017
PALABRAS DO DEREITO E DO REVÉS
Para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, LIBROUCHO proponnos unha actividade, para o alumnado de Primaria, que leva por título:
"PALABRAS DO DEREITO E DO REVÉS"
Deixámosvos a continuación a explicación da actividade e as súas normas:
Esperamos que vos guste e participedes. A ver cantas letras somos quen de atopar!!
jueves, 19 de octubre de 2017
TEATRO EN NARÓN: CONTACREQUES
Nesta obra se tratan tres contos moi coñecidos:
"O REISEÑOR"
"O REISEÑOR"
"O ZAPATEIRO E OS TRASNOS"
e "GARAVANCIÑO"
Na páxina web do grupo EME-2 atopamos o vídeo do espectáculo:
domingo, 15 de octubre de 2017
MOSTRA DE TEATRO DE NARÓN 2017
Xa ven sendo habitual que, nestas datas do curso, o alumnado do noso colexio asista a diferentes representacións teatrais no Concello de Narón.
Nesta ocasión, o alumnado de Educación Infantil ten previsto asistir, o próximo mércores día 18 no Auditorio de Narón, á representación da obra: "CONTACREQUES" pola compañía EME-2.
O alumnado de Educación Primaria, esperará ata o día 9 de novembro para asistir á obra "LÚA" do grupo GHAZAFHELLOS no Pazo da Cultura de Narón.
viernes, 6 de octubre de 2017
RADIO CABANAS 17-18 Nº 1
Primeiro PROGRAMA DE RADIO CABANAS deste curso!
Ao ser o primeiro, o alumnado de 6º é o encargado da súa preparación.
Coordinadoras: IRIA E PUERTO (6º)
Presentadores: ÁNGEL (6º) e LUCÍA PAZOS (6º)
Técnicos de Son: DIEGO (6º) e ARTURO (6º)
Audiencia: todo o alumnado do cole
Como xa sabedes, en cada programa, o primeiro é felicitar a todos aqueles que estiveron de cumple dende o programa anterior, que neste caso foi a finais de maio. Como podedes supoñer houbo que nomear a un bon lote de nenos e nenas!!
Ademais, este programa foi para dar a benvida a todos aqueles nenos e nenas que se incorporaron ao noso colexio este curso: empezando polos máis pequeniños, os de 3 anos (Ricardo, Yoel, Catuxa, Rosalía, Hugo, Jialei, Pablo, Diego, Jade, Asier, David, Aroa e Itziar)) e pasando por outros máis maiores que viñeron para outras clases (Olivia, Miguel, Yeray, Daniel e Lucía)
Non esqueceron, tampouco, dar a benvida ás profes novas que están con nós este curso (Laura, Elisa, Karina, Eli e Leticia), a Sonia (que está de volta), a Devon (a auxiliar de conversa) e, por suposto, ao noso conserxe, Andrés.
ZELTIA entrevistou a dúas alumnas de 6º de Infantil (Alicia e Icía) que nos falaron do proxecto no que estiveron traballando na súa clase: OS VOLCÁNS (temos na entrada do cole unha exposición cos volcáns que trouxeron os alumnos/as das súas casas). Ademais, outros alumnos/as da mesma clase deron uns consellos para os nenos de 3 anos, con canción incluída!
JAIME presentou:
- "O MARABILLOSO CIRCO DE CABANAS" coas súas mascotas: o mono, o león, a vaca, o guepardo, a tartaruga e a galiña Turuleca!
- "AS PRECIOSAS BAILARINAS"
- AS PAIASAS "PILI E MINI"
Nesta ocasión, da predición meteorolóxica ocupouse Ángel, o presentador. Disque imos seguir tendo tempo de verán no outono!
Para rematar o programa, todo o alumnado de 6º de Primaria interpretou a canción "WELCOME BACK TO SCHOOL" invitando a todo o cole a bailar!
jueves, 5 de octubre de 2017
"CONTAMOS E RECOLLEMOS CONTOS NADOS NO CAMIÑO"
O alumnado de 3º e 4º de Primaria participou hoxe nunha actividade que levaba por título:
"CONTAMOS E RECOLLEMOS CONTOS NADOS NO CAMIÑO"
A actividade consistiu en percorrer, a pé, un tramo do Camiño de Santiago, cercano á ubicación do colexio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)