A mascota da biblio, Libroucho, non quiso perder a troula do entroido.
Foi o encargado de trasladar os mandadiños da Meca Romera para todos e todas.
Ademais de mostrar os carteis, foi o primeiro en engalanarse.
Mirade que guapiño!!
A mascota da biblio, Libroucho, non quiso perder a troula do entroido.
Foi o encargado de trasladar os mandadiños da Meca Romera para todos e todas.
Ademais de mostrar os carteis, foi o primeiro en engalanarse.
Mirade que guapiño!!
O apadriñamento lector deste trimestre concidiu nun día moi especial... por iso fixemos lecturas con moito amor!
O mal tempo non impediu gozar desta xornada tan esperada pola rapazada.
Despois de cada lectura, os padriños e madriñas lectores agasallaron aos pequechos cunha fermosa pegatina 💓.
Non sabemos moi ben como pasou... pero os debuxos dos contos cobraron vida!
Por aquí vos deixamos os vídeos do primeiro ciclo de primaria.
Queredes ver como se moven o resto? Tedes que agardar un anaquiño...
Acordádevos dos personaxes dos contos?
Pois mirade o novo medidor da biblioteca...
E ti, es tan alto/a como ...?
Hoxe gozamos dunha xornada moi interesante.
Os máis peques do cole tiveron uns padriños e madriñas lectores moi especiais.
Estas obras de arte son froito da actividade desta semana.
O alumnado do cole, a través das pistas que daban as mestras, foron debuxando un personaxe de conto.
O xoves 24 visitounos Pablísimo coa súa bici, que viña cargada de obxectos cos que deu vida a contos de diferentes países. Pasámolo xenial!
Xa está aberta a biblioteca do cole!
Para a primeira xornada desde curso, o alumnado tivo que completar unha "check list" moi especial.
LIBROUCHO, o moucho, precisa da vosa axuda. 👇🏻
Velaquí o resultado! Grazas pola vosa axuda nenos e nenas deste cole Cheo de vida!
Nesta semana da prensa, o alumnado de cada curso recibiu unha imaxen e a partir dela inventou un titular xunto coa súa entrada. Mirade que noticias máis simpáticas!!!