viernes, 27 de mayo de 2022

BOOKFACE


 O "bookface", como ben suxire o térmo anglosaxón, consiste en fundirse coa portada dun libro encaixando a cara, e algunha parte do corpo se fora necesario, e facelo con máis ou menos técnica, gracia e imaxinación.

Os nenos e nenas de 5 anos utilizaron esa maneira tan orixinal para recomendarvos estes libros. Grazas e parabéns polo resultado! 

 








 


 

 



martes, 8 de marzo de 2022

8M. AS NOSAS MULLERES DA CONTORNA.

 

 CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO

O alumnado do colexio realizou unha exposición sobre mulleres relevantes da nosa contorna. Na biblioteca escolar podes ver o resultado e senón pica no seguinte vídeo.

 


 

8 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

viernes, 25 de febrero de 2022

miércoles, 23 de febrero de 2022

NA PROCURA DOS VERSOS PERDIDOS, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

Hoxe, mércores 23 de febreiro, os nenos e nenas do colexio participaron nunha actividade moi chula. Queres saber de que trata? Preme no vídeo e verás...
Colleume a noite, noite brillante cunha lumiña feita de xaspes, e fun con ela camiño adiante, cas estreliñas para guiarme, que aquel camiño solo elas saben.

viernes, 18 de febrero de 2022

viernes, 11 de febrero de 2022

11 de febreiro: DÍA DA MULLER CIENTÍFICA.

Hoxe cada curso dedicou a Hora de ler a coñecer unha das mulleres galegas reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos. Para iso, empregamos os libros "Pioneiras: galega que abriron camiño", agasallo por parte da ANPA.

jueves, 13 de enero de 2022

PROXECTO 21 DÍAS, 21 CURTAS


Como nos gustan as curtas!!!!!! Que vos parece se reservamos 5 minutos dun día cada semana para ver unha? Podemos chamalo "𝟮𝟭 días 𝟮𝟭 𝗰𝘂𝗿𝘁𝗮𝘀". A súa temática serviranos para reflexionar sobre o verdadeiro valor das cousas e reordenar as prioridades na vida.

Hoxe comezamos este proxecto, que nos acompañará ata finais de curso, co visionado da curta Sr. Indiferente.



Un día á semana, na hora de ler, adicaremos un ratiño a estes visionados e posterior reflexión.

Cos 21 días queremos crear no alumnado un novo hábito, pois como cita a teoría, para crear un hábito ou rutina nova debemos facelo de forma gradual, o cerebro non asimila os cambios de golpe, polo que debemos repetir o mesmo xesto durante 21 días para que o cerebro o pase á nosa parre conscy, a convirta en aprendizaxe e finalmente a almacene como hábito. 



miércoles, 12 de enero de 2022