jueves, 23 de febrero de 2023

23 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA

 0 día 23 de febreiro celébrase o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, conmemorando así o día do seu nacemento, no que este ano se celebra o 186 aniversario.

ACTIVIDADES EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE CABANAS

En colaboración coa área de dinamización lingüística do CEIP Eladia Mariño, a área de normalización lingüística do Concello de Cabanas desenvolve esta mañá unha actividade inspirada na música en conexión coas emocións e con Rosalía.



Ademais, o día 2 de marzo terá lugar un contacontos teatral adicado á poetisa. A través da personaxe de Andrea, unha xornalista saída do século XIX, o público infantil achegarase á figura de Rosalía como unha muller pioneira do seu tempo, coa inclusión deste tema a partir dun fragmento de “Lieders”. Tamén se traballará con fragmentos dos seus textos máis importantes.



miércoles, 1 de febrero de 2023