jueves, 30 de noviembre de 2023
miércoles, 22 de noviembre de 2023
Historias de mulleres BOLBORETAS , con SOLEDAD FELLOZA
A nosa biblioteca escolar acolleu, o pasado martes 21 de novembro, dúas sesións de contos da man da narradora oral, Soledad Felloza. Compartiu cos nenos e nenas de todo o cole historias de nena e mulleres bolboretas que voan alto, tendo como punto de partida un baúl cheo de recordos.

Sole tamén é escritora, actriz, fotógrafa e directora teatral. Así, o alumnado de quinto de primaria, que está a levar a cabo o proxecto LÓVA, aproveitou a ocasión para entrevistar a polifacética artista.
Grazas, Soledad!!! Pásamolo xenial e aprendimos moito.
Coa colaboración do Concello de Cabanas.
jueves, 26 de octubre de 2023
25 de novembro: NON A VIOLENCIA DE XÉNERO
martes, 24 de octubre de 2023
24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS
Que é para ti a biblio?
Cada 24 de outubro celébrase en España o Día da Biblioteca, creado en 1997 pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.
Para conmemorar ese día tan especial, os nenos e as nenas do colexio escribiron nos post-it o que significa para eles e elas a nosa biblioteca escolar. Queredes botar unha ollada ás súas respostas??? Adiante!!!
viernes, 20 de octubre de 2023
viernes, 13 de octubre de 2023
16 de outubro: APERTURA DA BIBLIO
Ola, raparigos e raparigas:
Son Libroucho!
Como xa sabedes a temática anual deste curso escolar é o cine; e imos aprender moito sobre el, porque … NESTA BIBLIO HAI MOITO CINE!!!
O vindeiro luns 16 de outubro, abrimos a biblioteca do centro. Preparei unha actividade para vós, espérovos alí. Non faltedes!!!
martes, 16 de mayo de 2023
lunes, 15 de mayo de 2023
viernes, 21 de abril de 2023
Como se fai un libro?
Os nenos e nenas de 4ºEP e 6º EP elaboraron unha curta onde nos explican paso a paso o proceso de elaboración dun libro. Pica no seguinte enlace que che levará a páxina web do noso cole; é o segundo vídeo.
Os nosos libros favoritos
Pica no seguinte enlace e adiviña cales son os libros favoritos dos nenos e nenas do Eladia.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipeladiamarino/node/691
lunes, 17 de abril de 2023
SEMANA DO LIBRO
Nos vindeiros días celebraremos no colexio a Semana do Libro, coincidindo coa celebración do Día do Libro o vindeiro domingo 23 de abril. Temos preparadas moitas actividades para esta conmemoración.
O día do Libro celébrase dende 1930 en España, e escolleuse esta data porque gardaba moita relación co ámbito literario, pois foi o día no que faleceron tres figuras literarias relevantes Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega, no ano 1916.
jueves, 6 de abril de 2023
O Principiño cumpre 80 anos!
O 6 de abril de 1943 “Le Petit Prince”, de Antoine de Saint-Exupéry, foi publicada por primeira vez en Nova York. Malía os 80 anos que cumpre, está tan noviño coma sempre, e segue a cativar coas súas ensinanzas a lectores e lectoras de todas as idades.
Os nenos e nenas de 4 anos vos propoñen un xogo moi divertido onde poder desatar a vosa creatividade. Consiste en compartir a túa versión do debuxo do elefante dentro da boa que lle fai o aviador ao Principiño. Recordas cal é? Algúns vían só un simple sombreiro… Pois agora, tócache a ti! Hai infinidade de posibilidades…
Participa!!! Na entrada do cole, ao carón da porta, tes todo o necesario para facelo. Sorpréndenos coas túas creacións!!!