Compartimos o mural realizado polo alumnado do colexio, onde escribiron mensaxes de apoio ás mulleres que sufriron ou sufren violencia de xénero.
![]() |
Non podía faltar a noso carro con recomendacións de libros relacionados coa violencia de xénero.
Que é para ti a biblio?
Cada 24 de outubro celébrase en España o Día da Biblioteca, creado en 1997 pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.
Para conmemorar ese día tan especial, os nenos e as nenas do colexio escribiron nos post-it o que significa para eles e elas a nosa biblioteca escolar. Queredes botar unha ollada ás súas respostas??? Adiante!!!
Ola, raparigos e raparigas:
Son Libroucho!
Como xa sabedes a temática anual deste curso escolar é o cine; e imos aprender moito sobre el, porque … NESTA BIBLIO HAI MOITO CINE!!!
O vindeiro luns 16 de outubro, abrimos a biblioteca do centro. Preparei unha actividade para vós, espérovos alí. Non faltedes!!!