viernes, 21 de abril de 2023

Títulares bizarros no Eladia



 Aquí temos as noticias bizarras do noso alumnado. Canta imaxinación … Encántanos!!!














Como se fai un libro?

 Os nenos e nenas de 4ºEP e 6º EP elaboraron unha curta onde nos explican paso a paso o proceso de elaboración dun libro. Pica no seguinte enlace que che levará a páxina web do noso cole; é o segundo vídeo. 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipeladiamarino/node/691

Os nosos libros favoritos

 Pica no seguinte enlace e adiviña cales son os libros favoritos dos nenos e nenas do Eladia. 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipeladiamarino/node/691





lunes, 17 de abril de 2023

NOVIDADES ABRIL


 

SEMANA DO LIBRO

 Nos vindeiros días celebraremos no colexio a Semana do Libro, coincidindo coa celebración do Día do Libro o vindeiro domingo 23 de abril. Temos preparadas moitas actividades para esta conmemoración. 

O día do Libro celébrase dende 1930 en España, e escolleuse esta data porque gardaba moita relación co ámbito literario, pois foi o día no que faleceron tres figuras literarias relevantes Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega, no ano 1916.




jueves, 6 de abril de 2023

O Principiño cumpre 80 anos!

 O 6 de abril de 1943 “Le Petit Prince”, de Antoine de Saint-Exupéry, foi publicada por primeira vez en Nova York. Malía os 80 anos que cumpre, está tan noviño coma sempre, e segue a cativar coas súas ensinanzas a lectores e lectoras de todas as idades.



Os nenos e nenas de 4 anos vos propoñen un xogo moi divertido onde poder desatar a vosa creatividade. Consiste en compartir a túa versión do debuxo do elefante dentro da boa que lle fai o aviador ao Principiño. Recordas cal é? Algúns vían só un simple sombreiro… Pois agora, tócache a ti! Hai infinidade de posibilidades…

Participa!!! Na entrada do cole, ao carón da porta, tes todo o necesario para facelo. Sorpréndenos coas túas creacións!!!







lunes, 20 de marzo de 2023

21 de marzo: DÍA MUNDIAL DA POESÍA



Para celebrar o Día Mundial da Poesía, o alumnado do último curso de infantil, 1º, 4º e 6º de primaria nos deleitarán recitando poemas na biblioteca do noso colexio. 
 

viernes, 17 de marzo de 2023

lunes, 6 de marzo de 2023

8 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Achégase o Día da Muller e dende o centro achegámosvos as actividades que se van a realizar nese día.




Exposición e retratos das nosas mulleres 💜















Non podía faltar o noso carro cunha selección de libros moi interesantes. Bótalle unha ollada!



 

SEMANA DA PRENSA (do 6 ao 10 de marzo)



Primeira “noticia bizarra”!!! Será verdadeira??? 


Segunda “noticia bizarra”. A ver quen acerta se é verdadeira ou falsa?


Última “noticia bizarra”… Hai máis árbores na Terra que estrelas na galaxia? 🤔







jueves, 23 de febrero de 2023

23 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA

 0 día 23 de febreiro celébrase o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, conmemorando así o día do seu nacemento, no que este ano se celebra o 186 aniversario.

ACTIVIDADES EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE CABANAS

En colaboración coa área de dinamización lingüística do CEIP Eladia Mariño, a área de normalización lingüística do Concello de Cabanas desenvolve esta mañá unha actividade inspirada na música en conexión coas emocións e con Rosalía.



Ademais, o día 2 de marzo terá lugar un contacontos teatral adicado á poetisa. A través da personaxe de Andrea, unha xornalista saída do século XIX, o público infantil achegarase á figura de Rosalía como unha muller pioneira do seu tempo, coa inclusión deste tema a partir dun fragmento de “Lieders”. Tamén se traballará con fragmentos dos seus textos máis importantes.



miércoles, 1 de febrero de 2023

viernes, 27 de mayo de 2022

BOOKFACE


 O "bookface", como ben suxire o térmo anglosaxón, consiste en fundirse coa portada dun libro encaixando a cara, e algunha parte do corpo se fora necesario, e facelo con máis ou menos técnica, gracia e imaxinación.

Os nenos e nenas de 5 anos utilizaron esa maneira tan orixinal para recomendarvos estes libros. Grazas e parabéns polo resultado! 

 








 


 

 



martes, 8 de marzo de 2022

8M. AS NOSAS MULLERES DA CONTORNA.

 

 CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO

O alumnado do colexio realizou unha exposición sobre mulleres relevantes da nosa contorna. Na biblioteca escolar podes ver o resultado e senón pica no seguinte vídeo.

 


 

8 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

viernes, 25 de febrero de 2022

miércoles, 23 de febrero de 2022

NA PROCURA DOS VERSOS PERDIDOS, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

Hoxe, mércores 23 de febreiro, os nenos e nenas do colexio participaron nunha actividade moi chula. Queres saber de que trata? Preme no vídeo e verás...
Colleume a noite, noite brillante cunha lumiña feita de xaspes, e fun con ela camiño adiante, cas estreliñas para guiarme, que aquel camiño solo elas saben.

viernes, 18 de febrero de 2022

viernes, 11 de febrero de 2022

11 de febreiro: DÍA DA MULLER CIENTÍFICA.

Hoxe cada curso dedicou a Hora de ler a coñecer unha das mulleres galegas reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos. Para iso, empregamos os libros "Pioneiras: galega que abriron camiño", agasallo por parte da ANPA.