miércoles, 7 de mayo de 2025

Vistita de María. Miradas al mundo.

 Hoxe acudiu ao centro María, fundadora da ONG Miradas al Mundo, para contarnos en que consiste unha ONG, onde traballan eles e cales son as súas áreas de actuación. 

Ademais, o alumnado tivo a oportunidade de facer unha videochamada cos rapaces e rapazas de Guinea-Bisáu e facerse moitas preguntas.

Tras este encontro, imos facer un Feirón Solidario para colaborar coa ONG Miradas al Mundo. 




miércoles, 30 de abril de 2025

Knolling

 Aquí tedes as aportacións do Knolling literario.

Sabedes a que libro pertence cada un?



miércoles, 23 de abril de 2025

Visita de Paula Merlán

 O 23 de abril, día do libro, Paula Merlán visitou a biblioteca do centro.

Os peques fixeron uns marcapáxinas chulísimos!

O concello de Cabanas regalou estes dous exemplares para a nosa biblioteca. 

Mirade que dedicatorias tan especiais.


jueves, 17 de abril de 2025

lunes, 24 de marzo de 2025

Día da Poesía

 


Para conmemorar o día da poesía, o equipo de biblioteca realizou esta proposta: 









Seguindo o proxecto do centro, "Festa rachada", os acrósticos están relacionados coa festa que traballou cada clase. 
Aquí vos deixamos o poema do alumnado de 4º de primaria recitado por eles: 




E por aquí van todas as poesías: 







viernes, 14 de marzo de 2025

Semana da prensa. Resultados.

Tras unha semana coas Noticias Bizarras... 

chegaron os resultados!



Grazas a todos e todas por participar.








Queda por aquí un link de interese para identificar noticias falsas. 



 

jueves, 6 de marzo de 2025

SEMANA DA PRENSA

 Outro ano máis... volven as "noticias bizarras" 

na semana da prensa.




viernes, 28 de febrero de 2025

Libroucho cumpriu os mandadiños da Meca romeira.

 A mascota da biblio, Libroucho, non quiso perder a troula do entroido.

Foi o encargado de trasladar os mandadiños da Meca Romera para todos e todas. 

Ademais de mostrar os carteis, foi o primeiro en engalanarse. 


Mirade que guapiño!!






viernes, 14 de febrero de 2025

Apadriñamento lector con moito AMOR!

O apadriñamento lector deste trimestre concidiu nun día moi especial... por iso fixemos lecturas con moito amor!

O mal tempo non impediu gozar desta xornada tan esperada pola rapazada.

Despois de cada lectura, os padriños e madriñas lectores agasallaron aos pequechos cunha fermosa pegatina 💓.