martes, 20 de diciembre de 2016

POSTAIS DE NADAL

Aquí vos presentamos todas as postais do alumnado do colexio:


EDUCACIÓN INFANTIL:






Estas foron as premiadas...

lunes, 19 de diciembre de 2016

CHARLA SOBRE ARQUEOLOXÍA

Hoxe, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria tiveron a visita de Jose López Alonso, que lles veu dar unha charla sobre arqueoloxía (enmarcada dentro do traballo que sobre a historia e prehistoria están a levar a cabo nas diferentes aulas).


viernes, 16 de diciembre de 2016

CONTACONTOS: CAXOTO

Esta actividade, se levou a cabo en catro sesións: 
1ª sesión: 1º e 2º de Primaria
2ª sesión: Ed. Infantil (3, 4 e 5 anos)
3ª sesión: 3º e 4º de Primaria
4ª sesión: 5º e 6º de Primaria

Aquí vos deixamos algunhas fotos...










jueves, 15 de diciembre de 2016

O BOSQUE DO NADAL

Mirade que marabilla de bosque temos no noso colexio!
Grazas ás aportacións das familias!





miércoles, 7 de diciembre de 2016

APADRIÑAMENTOS LECTORES (3)

PADRIÑOS/MADRIÑAS: alumnado de 6º de Primaria
AFILLADOS/AFILLADAS: alumnado de 1º e 3º de Primaria



lunes, 5 de diciembre de 2016

CREATIVAMOS: XEOMETRÍA, ARTE E NATUREZA

Na sesión de hoxe, o alumnado  veu un vídeo sobre os patróns naturais, é dicir, as formas presentes na Natureza relacionándoas coa arte e a xeometría.
Aquí vos deixamos o vídeo:

viernes, 2 de diciembre de 2016

PROGRAMA Nº4: RADIO CABANAS

Coordinador: DAVID (6º)
Presentadores: ANA (6º) e ALEX (5º)
Técnicos de Son: ANXO (6º) e IRIA (5º)
Alumnado participante: 3º de Primaria

Audiencia: todo o alumnado do centro


Empezou o programa coa felicitación a todos os que cumpliron anos dende o programa anterior.











Repasando a actualidade, BRAIS COUCE (6º) falounos de FIDEL CASTRO, noticia estes días polo seu pasamento.






A continuación, o alumnado de 3º de Primaria presentou as súas actuacións de hoxe:



- MAR, MARA, ALICIA e ANDREA, fixeron unha pequena representación






- PAULA, DAVID, ERO e UXÍA nos propuxeron unhas adiviñas.






- CLAUDIA, XIANA, SANDRA, SABELA FRAGA e DAVID presentaron unha sección de chistes, que levaba por título: "O CLUBE DA COMEDIA"


- DANIEL, HUGO REY, HUGO MÉNDEZ, HORTENSIA, ADRIÁN, NOA, MARCOS, SABELA FREIRE, BREOGÁN e VERA interpretaron un rap.







- CANDELA, MARA e NEREA recitaron unhas poesías.


E, para rematar, o programa, DAVID (6º) nos explicou a predición meteorolóxica para este fin de semana.

Queremos, desde aquí, felicitar a todos os alumnos e alumnas que participaron no programa. Fixérono moi ben!!

miércoles, 30 de noviembre de 2016

CONCERTO NO PAZO DA ÓPERA. A CORUÑA

Hoxe, o alumnado de 3º, 4º,5º e 6º de Primaria, asistiu xunto coas súas titoras/es a un CONCERTO no Pazo da Ópera de A Coruña.



O título da obra era:
"JUEGO DE LADRONES"
(Con motivo de la conmemoración del cuatrocientos aniversario de la muerte de Miguel de Cervantes, el quinteto Zoar ha encargado al compositor Óscar Navarro “Juego de ladrones”: una obra inspirada en una de las Novelas Ejemplares de Cervantes “Rinconete y Cortadillo” en la que se narra las aventuras de dos jóvenes de unos 15 años, que después de abandonar las casa de sus padres, se conocen en una venta en el camino de Toledo a Córdoba y deciden ir en busca de una vida mejor. INFORMACIÓN desta páxina:http://entradas.abanca.com/es/event/juego-de-ladrones/ )


Aquí vos deixamos unhas fotos do alumnado:




martes, 29 de noviembre de 2016

APADRIÑAMENTOS LECTORES (2)

PADRIÑOS/MADRIÑAS: alumnado de 5º de Primaria
AFILLADOS/AS: alumnado de 6º de Infantil e de 2º de Primaria


lunes, 28 de noviembre de 2016

APADRIÑAMENTOS LECTORES (1)

Durante esta semana, no cole, imos ter APADRIÑAMENTOS LECTORES. 
Como xa recordaredes doutras ocasións, nesta actividade os alumnos e alumnas mais maiores do colexio (padriños/madriñas) cóntanlles contos aos mais pequenos (afillados/as).
Hoxe foi así:

PADRIÑOS/MADRIÑAS: alumnado de 4º de Primaria
AFILLADOS/AS: alumnado de 4º e 5º de Infantil


"DE FÁBULA"

Hoxe, o alumnado de 1º e 2º de Primaria foron a Ferrol, a Afundación, para asistir a unha representación de títeres de ARTELLO TEATRO, que levaba por título "DE FÁBULA".


viernes, 25 de noviembre de 2016

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, xuntáronse na Hora de Ler na aula de informática para ver todos xuntos
 "XELA QUERE SER VAMPIRA" 
de FINA CASALDERREY e ilustrado por NOEMÍ LÓPEZ


E o alumnado de 2º curso de Primaria tamén aproveitou para ver a historia:
"UN DÍA DE TREBOADA"
de MARÍA DE MATA e ilustrado por MARIANA RIESTRA

miércoles, 23 de noviembre de 2016

ÉRANSE DÚAS VECES...

Hoxe, recibimos no colexio tres libros, que nos trouxeron dende o Concello e que veñen cedidos pola Deputación de A Coruña:





Como se explica nas contraportadas: " Éranse dúas veces é unha segunda oportunidade para os contos de sempre. Sen sexismo, sen violencia nin desigualdade. Máxicos, divertidos e coeducativos".
Esperamos desfrutar deles e con eles!!

lunes, 21 de noviembre de 2016

CREATIVAMOS:APRENDE DOS QUE SABEN

A Natureza, en moitas ocasións, e fonte de inspiración no desenvolvemento de novas tecnoloxías innovadoras. Así, os científicos, enxeñeiros, arquitectos,..., estudan os organismos vivos e ecosistemas para aplicar deseños, materiais e estructuras eficientes.
A partir de dous vídeos tentase que o alumnado comente as súas impresións sobre estas iniciativas.


viernes, 18 de noviembre de 2016

PROGRAMA Nº 3: RADIO CABANAS


Hoxe, venres 18 de novembro, terceiro programa de radio do curso:

Coordinador: VALENTÍN (6º)
Presentadoras: ALICIA (6º) e MARA (5º)
Técnicos de Son: BRAIS COUCE (6º) e BRUNO (5º)
Alumnado participante: 4º de Primaria

Audiencia: alumnado de Primaria

Para comezar o programa, deron a benvida a FRANCES, auxiliar de conversa que estivo connosco durante dous cursos e que esta fin de semana veunos visitar!!
Logo dun sinxelo repaso á actualidade falando de Leonard Cohen e Donald Trump, e a sección habitual de "Onomástica", presentaron a actuación que, o alumnado de 4º de Primaria preparou  sobre a PREHISTORIA (seguindo un guión elaborado polo alumnado de 6º), uns eran os encargados de ir narrando o que outros ían representando:







Para rematar, a predición do tempo para o próximo fin de semana, nola trouxo un personaxe moi especial: