miércoles, 29 de abril de 2026

Xogando coa tradición na Semana do Libro

 Con motivo da celebración da Semana do Libro, no noso cole vivimos unha xornada moi especial chea de aprendizaxe, diversión e tradición co alumnado de 2º a 6º de educación primaria..

Tivemos a enorme sorte de recibir a visita dunha profesora experta en xogos tradicionais, que compartiu co alumnado unha mañá inesquecible, descubrindo e practicando xogos populares galegos. A través da brincadeira, o movemento e a participación, nenos e nenas puideron achegarse ao patrimonio lúdico de Galicia, coñecendo xogos cos que medraron xeracións enteiras.

Foi unha experiencia enriquecedora na que non faltaron risas, a convivencia e o traballo en equipo, demostrando que os xogos tradicionais seguen moi vivos e continúan sendo unha magnífica ferramenta educativa e cultural.

Ademais, a nosa convidada Manuela Vázquez, quixo facerlle un agasallo moi especial á biblioteca: un exemplar dun libro elaborado polo Patrimonio Lúdico Galego, no que se recollen numerosos xogos tradicionais de Galicia.

Queremos agradecer esta visita tan inspiradora, que nos permitiu unir lectura, cultura popular e xogo nuns días ben xeitosos relacionados coa conmemoración do Día do Libro.






jueves, 23 de abril de 2026

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Este ano con motivo da Semana do Libro, tivemos o pracer de gozar da actuación de "La Biblioneta de Eme" dirixido ó alumnado de educación infantil.
Foi xenial!
Moitas grazas :)



 

lunes, 16 de marzo de 2026

Noticias bizarras I

Aquí vos deixamos a mostra dalgunha das "noticias bizarras" deste curso escolar 2025-2026. 

Vós que opinades? Será verdadeira ou falsa? Temos que dicir que Libroucho desta vez non llo puxo nada doado ó noso alumnado.


viernes, 6 de marzo de 2026

SEMANA DA PRENSA (10 AO 13 DE MARZO)

 "Un ano máis....volven as "noticias bizarras", na Semana da Prensa.