miércoles, 9 de septiembre de 2015

FORRADO DE LIBROS

Aquí vos deixamos un vídeo-tutorial, elaborado no noso centro sobre como forrar os libros de texto:

viernes, 4 de septiembre de 2015

SON D´ALDEA (Palas de Rei)

Por se vos interesa, chegounos información desta actividade:

Son d’Aldea é unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa da cidadanía que se achegue a Albá (Palas de Rei, Comarca da Ulloa) nesa xornada festiva.Trátasedunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente. Un recoñecemento á súa riqueza e á súa heteroxeneidade a través dun espectáculo teatral que transita por diferentes escenarios e que ofrece unha visión de diversos oficios do rural galego a mediados do século XX; dun Xantar con produtos elaborados por xente que traballa no rural na actualidade e dunha Romaría Tradicional que pechará este evento.