Hoxe acudiu ao centro María, fundadora da ONG Miradas al Mundo, para contarnos en que consiste unha ONG, onde traballan eles e cales son as súas áreas de actuación.
Ademais, o alumnado tivo a oportunidade de facer unha videochamada cos rapaces e rapazas de Guinea-Bisáu e facerse moitas preguntas.
Tras este encontro, imos facer un Feirón Solidario para colaborar coa ONG Miradas al Mundo.