O CEIDA, a través do seu Centro de Documentación Ambiental, pon a disposición de todos os centros educativos varias coleccións de libros para achegar o medio natural ao seu alumnado. Con elas pretende dar a coñecer o patrimonio natural da nosa contorna máis próxima e fomentar a realización de actividades ao aire libre nos centros de ensino.
A nosa maleta é a literaria: unha colección de contos para achegarse á natureza a través da literatura. O alumnado coñecerá criaturas e seres incribles que son imprescindibles para a vida na terra. E aprenderán a relacionarse co mundo que lles rodea. Porque a lectura pode ser unha ferramenta marabillosa para conectar coa natureza.
Por aquí deixamos o listado completo dos contos que inclúe a maleta: https://www.ceida.org/sites/default/files/adxuntos-paxinas-basicas-biblioteca/maletaliteraria2022.pdf