Cada 23 de febreiro lembramos o nacemento da nosa escritora e poetisa galega máis ilustre.
O seu libro “Cantares Gallegos” foi o primeiro en escribir, despois de moitos anos, no nosos idioma. Publicouse un 17 de maio, data na que celebramos o Día das Letras Galegas. Esta obra está composta por 37 poemas, nesta exposición podemos ler algúns deles.
Mirade que bonito quedou o noso recuncho dedicado a Rosalía de Castro, elaborado polo alumnado do centro. Cada curso escribiu nas distintas xanelas un poema do poemario Cantares Galegos. Ademais decoramos a zona coa súa flor favorita, o pensamento.
As nosas mestres Natalia e Karina, que están de formación Erasmus en Grecia, atoparon isto!!! Unha proba de que Rosalía é mundial!!!
Non esqueces o teu poema para levar para casa e compartilo coa familia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario