viernes, 23 de febrero de 2024

23 de febreiro: Día de ROSALÍA DE CASTRO

 Cada 23 de febreiro lembramos o nacemento da nosa escritora e poetisa galega máis ilustre.

O seu libro “Cantares Gallegos” foi o primeiro en escribir, despois de moitos anos, no nosos idioma. Publicouse un 17 de maio, data na que celebramos o Día das Letras Galegas. Esta obra está composta por 37 poemas, nesta exposición podemos ler algúns deles.

Mirade que bonito quedou o noso recuncho dedicado a Rosalía de Castro, elaborado polo alumnado do centro. Cada curso escribiu nas distintas xanelas un poema do poemario Cantares Galegos. Ademais decoramos a zona coa súa flor favorita, o pensamento.







As nosas mestres Natalia e Karina, que están de formación Erasmus en Grecia, atoparon isto!!! Unha proba de que Rosalía é mundial!!!



Non esqueces o teu poema para levar para casa e compartilo coa familia.








viernes, 2 de febrero de 2024

Día da NON VIOLENCIA e da PAZ (30 de xaneiro)

O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. 

E nese Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar. 

Nese día celébrase o aniversario da morte do Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.








lunes, 15 de enero de 2024

PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS

Velaquí os distintos obradoiros e actividades que terán lugar na nosa biblioteca escolar para este segundo e terceiro trimestre, e faranse pola tarde.




Podedes inscribirvos enviando un correo anpa.o.castineiro@gmail.com ou por WhatsApp no teléfono 624230206.

Lecturas de aluCINE!

 Velaí o noso carro palomitero cheo de libros e películas relacionadas con noso tema anual, O CINE!!!!



jueves, 30 de noviembre de 2023

miércoles, 22 de noviembre de 2023

Historias de mulleres BOLBORETAS , con SOLEDAD FELLOZA

A nosa biblioteca escolar acolleu, o pasado martes 21 de novembro, dúas sesións de contos da man da narradora oral, Soledad Felloza. Compartiu cos nenos e nenas de todo o cole historias de nena e mulleres bolboretas que voan alto, tendo como punto de partida un baúl cheo de recordos.




Sole tamén é escritora, actriz, fotógrafa e directora teatral. Así, o alumnado de quinto de primaria, que está a levar a cabo o proxecto LÓVA, aproveitou a ocasión para entrevistar a polifacética artista. 



Grazas, Soledad!!! Pásamolo xenial e aprendimos moito.

Coa colaboración do Concello de Cabanas.


jueves, 26 de octubre de 2023

25 de novembro: NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

Compartimos o mural realizado polo alumnado do colexio, onde escribiron mensaxes de apoio ás mulleres que sufriron ou sufren violencia de xénero.


Non podía faltar a noso carro con recomendacións de libros relacionados coa violencia de xénero.







martes, 24 de octubre de 2023

24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Que é para ti a biblio? 

Cada 24 de outubro celébrase en España o Día da Biblioteca, creado en 1997 pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.

Para conmemorar ese día tan especial, os nenos e as nenas do colexio escribiron nos post-it o que significa para eles e elas a nosa biblioteca escolar. Queredes botar unha ollada ás súas respostas??? Adiante!!!
















viernes, 13 de octubre de 2023

16 de outubro: APERTURA DA BIBLIO

Ola, raparigos e raparigas:

Son Libroucho!

Como xa sabedes a temática anual deste curso escolar é o cine; e imos aprender moito sobre el, porque … NESTA BIBLIO HAI MOITO CINE!!! 

O vindeiro luns 16 de outubro, abrimos a biblioteca do centro. Preparei unha actividade para vós, espérovos alí. Non faltedes!!!







viernes, 21 de abril de 2023

Títulares bizarros no Eladia



 Aquí temos as noticias bizarras do noso alumnado. Canta imaxinación … Encántanos!!!